1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:34,125 --> 00:00:37,082
- Non irás comer iso?
- Teño moita fame,

4
00:00:37,083 --> 00:00:41,082
- mais non tanta.
- Ben, porque iso dá noxo.

5
00:00:41,083 --> 00:00:43,499
Rastrexo o cheiro do monstro.

6
00:00:43,500 --> 00:00:45,790
Só vin un allamorax en libros.

7
00:00:45,791 --> 00:00:48,707
E eses zapatos
non son para trepar polas rochas.

8
00:00:48,708 --> 00:00:49,875
Agarda na ribeira.

9
00:00:50,875 --> 00:00:54,832
Teño que estar no medio da acción
para compoñer unha balada xeitosa.

10
00:00:54,833 --> 00:00:57,541
Ademais, son máis áxil do que cres.

11
00:01:02,333 --> 00:01:04,416
- Marcha!
- Xa cho dixen. Teño que...

12
00:01:09,000 --> 00:01:12,250
Mi madriña. Que carallo é iso?

13
00:03:51,416 --> 00:03:53,375
Non é nada persoal, amigo.

14
00:03:58,750 --> 00:03:59,833
Móstrate!

15
00:04:03,166 --> 00:04:04,541
Ten piedade.

16
00:04:05,541 --> 00:04:08,166
Esa criatura non che fará dano.

17
00:04:09,583 --> 00:04:16,540
Nin aos buscadores de perlas
que me contrataron para matalo?

18
00:04:16,541 --> 00:04:19,957
Este non é o primeiro ataque na zona.

19
00:04:19,958 --> 00:04:22,124
Apenas pode abrir a boca.

20
00:04:22,125 --> 00:04:23,790
Non come humanos.

21
00:04:23,791 --> 00:04:28,415
Aliméntase de ostras
e dos cobizados tesouros que levan dentro.

22
00:04:28,416 --> 00:04:30,791
O seu único crime é ter fame.

23
00:04:33,666 --> 00:04:35,250
Ten piedade.

24
00:04:41,708 --> 00:04:44,083
Mais non me viría mal que me levasen.

25
00:06:14,250 --> 00:06:17,665
Os meus fillos non teñen que comer
por culpa deses humanos!

26
00:06:17,666 --> 00:06:20,665
Non hai ostras por ningures!

27
00:06:20,666 --> 00:06:24,958
Sei que estades anoxados,
mais esta non é a solución.

28
00:06:29,666 --> 00:06:30,875
Silencio!

29
00:06:32,916 --> 00:06:36,415
Levamos demasiadas mareas en paz
como para que remate agora.

30
00:06:36,416 --> 00:06:39,915
Deixemos os rancores no pasado.

31
00:06:39,916 --> 00:06:44,332
Este consello fai todo o posible
para evitar unha guerra con Bremervoord.

32
00:06:44,333 --> 00:06:48,624
Non actuades porque a vosa filla
está namorada do príncipe.

33
00:06:48,625 --> 00:06:51,290
Os humanos sábeno e aprovéitanse diso.

34
00:06:51,291 --> 00:06:54,207
Os humanos xa non se conforman
con roubar perlas.

35
00:06:54,208 --> 00:06:56,665
Querían que un bruxo matase o allamorax.

36
00:06:56,666 --> 00:06:57,582
- Que?
- Non!

37
00:06:57,583 --> 00:07:00,790
Se unha criatura mariña corre perigo,
corrémolo todos.

38
00:07:00,791 --> 00:07:02,874
- Ten razón.
- Temos que detelos!

39
00:07:02,875 --> 00:07:04,041
Debemos loitar!

40
00:07:08,416 --> 00:07:10,790
Consideraremos a vosa proposta.

41
00:07:10,791 --> 00:07:13,499
Nai, non falarás en serio?

42
00:07:13,500 --> 00:07:16,957
Sh'eenaz, es nova e inocente.

43
00:07:16,958 --> 00:07:19,165
Cada vez que un humano abre a boca,

44
00:07:19,166 --> 00:07:21,457
sae unha mentira.

45
00:07:21,458 --> 00:07:24,415
Talvez sexa hora
de tomar medidas máis drásticas.

46
00:07:24,416 --> 00:07:27,915
A miña unión con Agloval
pode traer a paz, non o conflito.

47
00:07:27,916 --> 00:07:29,958
Estou de acordo coa miña sobriña.

48
00:07:35,000 --> 00:07:38,665
Pode que a guerra non sexa a solución,
mais unha voda...

49
00:07:38,666 --> 00:07:40,874
Lisca de aquí, Melusina.

50
00:07:40,875 --> 00:07:43,957
A nosa filla
nunca podería casar cun humano.

51
00:07:43,958 --> 00:07:48,082
Nunca poderías entender
a intensidade do amor dunha nai.

52
00:07:48,083 --> 00:07:50,082
Acaba de chamala estéril?

53
00:07:50,083 --> 00:07:53,915
Falas do pasado, irmá,
mais agora trátase do futuro

54
00:07:53,916 --> 00:07:55,000
do noso pobo.

55
00:07:55,500 --> 00:07:57,041
Si, o noso pobo.

56
00:07:57,791 --> 00:08:02,041
Aínda formo parte
desta familia e da corte real, Dahut.

57
00:08:02,916 --> 00:08:05,791
O teu desdén non cambia iso.

58
00:08:06,416 --> 00:08:08,499
A única razón pola que vives

59
00:08:08,500 --> 00:08:11,791
é porque son moi consciente diso, irmá.

60
00:08:12,291 --> 00:08:14,291
Desaparece. Agora.

61
00:08:16,916 --> 00:08:18,749
Marcharei. Con gusto.

62
00:08:18,750 --> 00:08:19,875
Non te preocupes.

63
00:08:20,541 --> 00:08:23,166
Mais as dúas sabemos
a quen amou el primeiro.

64
00:08:37,208 --> 00:08:40,415
A ver se o entendín ben.
Xa tiñas o monstro

65
00:08:40,416 --> 00:08:42,582
e deixáchelo escapar.

66
00:08:42,583 --> 00:08:44,624
O allamorax non matou a ninguén.

67
00:08:44,625 --> 00:08:46,415
- Os humanos menten?
- Talvez.

68
00:08:46,416 --> 00:08:49,750
- Os seres mariños son as vítimas?
- Non necesariamente.

69
00:08:50,333 --> 00:08:52,999
- Entón eles tamén ocultan algo?
- Talvez.

70
00:08:53,000 --> 00:08:56,915
Non. Nada de "talvez". Hai o ben e o mal.

71
00:08:56,916 --> 00:08:57,999
É así de sinxelo.

72
00:08:58,000 --> 00:09:01,332
Aclárate e mata algunha cousa.

73
00:09:01,333 --> 00:09:03,250
A nosa mellor comida.

74
00:09:12,833 --> 00:09:15,208
Que pena que non vola podades permitir.

75
00:09:20,666 --> 00:09:23,249
É coma cando estabamos co cornudo aquel

76
00:09:23,250 --> 00:09:24,624
na fin do mundo.

77
00:09:24,625 --> 00:09:27,540
Es un cazador de monstros,
mais só ás veces.

78
00:09:27,541 --> 00:09:29,082
E con condicións.

79
00:09:29,083 --> 00:09:30,499
Código moral.

80
00:09:30,500 --> 00:09:33,749
Xa conseguiremos diñeiro
fóra de Bremervoord.

81
00:09:33,750 --> 00:09:36,540
Alivias o meu corazón,
mais non o meu estómago.

82
00:09:36,541 --> 00:09:41,333
Só viñemos a esta latrina de vila
para evitar topar con xa sabes quen.

83
00:09:42,666 --> 00:09:44,375
Non quero falar dela.

84
00:09:45,041 --> 00:09:48,249
Esa bruxa de ollos violetas
dita onde podemos ir

85
00:09:48,250 --> 00:09:49,749
e o teu estado de ánimo.

86
00:09:49,750 --> 00:09:51,708
Non quero falar de Yennefer.

87
00:10:03,333 --> 00:10:05,833
Que pasa? A auga non está ao teu gusto?

88
00:10:06,333 --> 00:10:09,125
Está quente, Yennefer, mais revolta.

89
00:10:29,875 --> 00:10:32,583
Non estaría ben
deixarte saír nunha noite así.

90
00:10:34,375 --> 00:10:36,833
Ti pagas a bebida. Eu, a cama.

91
00:10:39,875 --> 00:10:42,374
Só dixen
que os mercados negros de Tretogor

92
00:10:42,375 --> 00:10:44,999
son para parvos
que buscan curas milagrosas,

93
00:10:45,000 --> 00:10:47,832
e non pensei que ese fose o teu caso.

94
00:10:47,833 --> 00:10:51,832
Un bo exemplo de que non sabes
de que falas nin con quen tratas.

95
00:10:51,833 --> 00:10:54,375
Esperaba solucionar iso esta noite.

96
00:10:55,000 --> 00:10:57,249
Outra cousa na que te equivocas.

97
00:10:57,250 --> 00:10:59,541
- Boa noite.
- Boa noite.

98
00:11:31,000 --> 00:11:32,083
Que vos aproveite.

99
00:11:33,333 --> 00:11:37,916
Só digo que o teu código moral
está a interferir coa miña alimentación.

100
00:11:39,708 --> 00:11:42,000
Este pan está intragable!

101
00:11:42,750 --> 00:11:43,874
A medias?

102
00:11:43,875 --> 00:11:47,790
- Dáme logo o que ti gañaches.
- Un golpe baixo, mais é xusto.

103
00:11:47,791 --> 00:11:49,707
Fagamos un trato.

104
00:11:49,708 --> 00:11:54,290
Aceptarei o primeiro traballo
que me ofrezan se ti fas o mesmo.

105
00:11:54,291 --> 00:11:57,165
Nada de códigos.
Diñeiro para todos. Que me dis?

106
00:11:57,166 --> 00:11:58,208
Oe.

107
00:11:59,166 --> 00:12:01,249
Es ti o bruxo do que falan?

108
00:12:01,250 --> 00:12:02,874
O que deixou ir o monstro?

109
00:12:02,875 --> 00:12:06,040
- Equivócaste de... A nai que o pariu.
- Si, son eu.

110
00:12:06,041 --> 00:12:10,624
Un bruxo que non é quen de matar monstros?
Alguén viu cousa igual?

111
00:12:10,625 --> 00:12:13,082
Ola! Benvidos á miña taberna!

112
00:12:13,083 --> 00:12:14,791
Non sirvo cervexa. Síntoo!

113
00:12:23,166 --> 00:12:24,041
Fóra de aquí!

114
00:12:26,000 --> 00:12:26,833
Liscade!

115
00:12:29,666 --> 00:12:32,957
Perdoa, es Jaskier o bardo?

116
00:12:32,958 --> 00:12:35,499
O mandarín da canción de Oxenfurt?

117
00:12:35,500 --> 00:12:37,291
O baladista do continente?

118
00:12:38,250 --> 00:12:40,750
Eses nunca os oíra, mais si, son eu!

119
00:12:42,083 --> 00:12:45,124
Parece que entre o abono
asoman brotes de cultura.

120
00:12:45,125 --> 00:12:48,165
Que queres?
Un autógrafo? Unha peza exclusiva?

121
00:12:48,166 --> 00:12:52,165
Unha balada para a túa amante?
Amantes? Amante da amante?

122
00:12:52,166 --> 00:12:55,415
Estou a cargo
do festival de Imbaelk de mañá.

123
00:12:55,416 --> 00:12:58,999
Levar un bardo tan distinguido
sería todo un éxito.

124
00:12:59,000 --> 00:13:03,332
Vai asistir o rei.
Temos que ofrecer un bo espectáculo.

125
00:13:03,333 --> 00:13:05,333
E pago ben.

126
00:13:10,041 --> 00:13:13,540
Podo confiar en que serás sensato
durante a miña actuación?

127
00:13:13,541 --> 00:13:17,999
A última vez que te deixei só
nun banquete, acabaches cunha filla.

128
00:13:18,000 --> 00:13:19,999
Unha filla sorpresa,

129
00:13:20,000 --> 00:13:22,583
e é un erro que non penso volver cometer.

130
00:13:24,250 --> 00:13:28,208
O meu número será difícil de superar.
Menos mal que estes van antes.

131
00:13:34,500 --> 00:13:36,457
Se che gusta iso,

132
00:13:36,458 --> 00:13:39,416
xa verás o meu solo co salterio.

133
00:13:43,166 --> 00:13:45,832
O salterio é coma unha arpa,
mais moi pequeno.

134
00:13:45,833 --> 00:13:48,082
Moito máis práctico, a verdade.

135
00:13:48,083 --> 00:13:51,416
Pecha o peteiro! Intento ver a actuación!

136
00:13:52,083 --> 00:13:54,582
Non se lle fala así ao artista principal.

137
00:13:54,583 --> 00:13:55,500
Principal?

138
00:13:56,375 --> 00:13:59,040
- Que gracioso.
- Iso significa o que creo?

139
00:13:59,041 --> 00:14:02,374
Porque temo
que só podo aceptar ser o acto principal.

140
00:14:02,375 --> 00:14:03,499
Fixemos un trato.

141
00:14:03,500 --> 00:14:07,415
Seino, Geralt,
mais non é bo para a miña reputación.

142
00:14:07,416 --> 00:14:10,083
Veña, un pouco de humildade.

143
00:14:12,208 --> 00:14:15,125
Tiven que suplicar
para que che desen o traballo.

144
00:14:15,958 --> 00:14:19,040
- Ollo Pequeno!
- Alégrome de verte, Julian.

145
00:14:19,041 --> 00:14:20,125
Julian?

146
00:14:20,916 --> 00:14:22,999
Desculpa o meu compañeiro apampado.

147
00:14:23,000 --> 00:14:25,875
Essi Daven, preséntoche a Geralt de Rivia.

148
00:14:30,833 --> 00:14:32,540
Coñecédesvos?

149
00:14:32,541 --> 00:14:34,915
Criámonos xuntos aquí en Bremervoord.

150
00:14:34,916 --> 00:14:36,916
Dixeches que eras de Oxenfurt.

151
00:14:37,458 --> 00:14:40,082
Que os pantalóns elegantes non te enganen.

152
00:14:40,083 --> 00:14:43,082
Este éche un aldeán, coma todos nós.

153
00:14:43,083 --> 00:14:46,958
Tomei algunha licencia poética
coa miña historia persoal. E que?

154
00:14:48,500 --> 00:14:51,791
Faríao calquera
que se criase nun sitio coma este.

155
00:14:53,625 --> 00:14:54,458
Salta!

156
00:14:55,000 --> 00:14:57,041
Vamos! Salta!

157
00:14:57,625 --> 00:14:59,040
Ou dáche moito medo?

158
00:14:59,041 --> 00:15:00,540
Como dixen,

159
00:15:00,541 --> 00:15:03,375
se saltas, devolvereiche o teu xoguete.

160
00:15:03,875 --> 00:15:05,875
- Vaise mexar.
- Non vai saltar.

161
00:15:06,583 --> 00:15:08,666
Pankratz!

162
00:15:10,375 --> 00:15:11,999
Déixame ir a min primeiro.

163
00:15:12,000 --> 00:15:13,791
Amosareiche como se fai.

164
00:15:25,291 --> 00:15:26,125
Oístes iso?

165
00:15:31,458 --> 00:15:33,291
Non saltou. Caeu!

166
00:15:33,791 --> 00:15:35,124
A por el, Zelest.

167
00:15:35,125 --> 00:15:37,249
Para! Non pode respirar!

168
00:15:37,250 --> 00:15:38,249
Sóltao!

169
00:15:38,250 --> 00:15:41,458
Vamos, Essi. Agora es súa nai?

170
00:15:46,583 --> 00:15:50,665
- Deberíanche facer o mesmo, Zelest.
- Só nos divertimos un pouco!

171
00:15:50,666 --> 00:15:52,000
Estás ben?

172
00:15:55,250 --> 00:15:59,166
Chamaríate bastardo,
mais xa saben todos que o es.

173
00:16:11,333 --> 00:16:12,541
Vistes iso?

174
00:16:18,625 --> 00:16:20,333
Que foi dese mocoso?

175
00:16:20,833 --> 00:16:21,749
De Zelest?

176
00:16:21,750 --> 00:16:24,875
Era o fillo bastardo do rei
e un verdadeiro idiota.

177
00:16:25,541 --> 00:16:28,457
Seguro que morreu
de sífilis nalgún cárcere.

178
00:16:28,458 --> 00:16:30,749
Medio cego, trastornado e salivando.

179
00:16:30,750 --> 00:16:33,375
Non me parei moito a pensalo.

180
00:16:38,125 --> 00:16:41,708
O rei Usveldt. O príncipe Agloval.

181
00:16:43,166 --> 00:16:44,500
- O rei!
- O rei!

182
00:16:47,125 --> 00:16:49,707
Debe ser unha broma.

183
00:16:49,708 --> 00:16:52,124
E o comandante Zelest.

184
00:16:52,125 --> 00:16:55,124
Sempre foi un lambecús de primeira.

185
00:16:55,125 --> 00:16:58,833
O príncipe Agloval nomeouno
asesor militar.

186
00:17:01,541 --> 00:17:03,208
Que cara ten.

187
00:17:06,250 --> 00:17:09,665
- Falar así é arriscado.
- Xa non poden máis.

188
00:17:09,666 --> 00:17:13,082
Cinco ataques ultimamente
e non hai ningún responsable.

189
00:17:13,083 --> 00:17:14,999
Excepto o allamorax.

190
00:17:15,000 --> 00:17:17,790
Esa pobre criatura
só foi o chibo expiatorio.

191
00:17:17,791 --> 00:17:22,082
Os seres mariños son moi territoriais
e a nosa realeza non contraatacará

192
00:17:22,083 --> 00:17:24,415
porque o príncipe namorou dunha serea.

193
00:17:24,416 --> 00:17:26,499
Ala. Vaia caos.

194
00:17:26,500 --> 00:17:29,666
Isto é coma todas as disputas
desde a Conxunción.

195
00:17:40,500 --> 00:17:44,499
A tradición agarda! Se non te unes,
mamá atopará a forma de culparme.

196
00:17:44,500 --> 00:17:48,415
- Queres ser a responsable da miña morte?
- O meu sobriño.

197
00:17:48,416 --> 00:17:50,041
Desculpade.

198
00:18:22,375 --> 00:18:24,040
Mirade que prea.

199
00:18:24,041 --> 00:18:27,124
En nada estaremos nadando en moedas.

200
00:18:27,125 --> 00:18:29,582
E con moedas queres dicir comida, non?

201
00:18:29,583 --> 00:18:31,915
Os nenos da miña aldea morren de fame.

202
00:18:31,916 --> 00:18:35,333
A xente desa zona
debería deixar de multiplicarse.

203
00:18:36,208 --> 00:18:39,750
Veña, menos leria e máis abrir cunchas.

204
00:18:52,750 --> 00:18:53,666
Atopei unha!

205
00:18:56,208 --> 00:18:57,208
Dáma!

206
00:18:59,333 --> 00:19:00,915
Que facemos co resto?

207
00:19:00,916 --> 00:19:03,000
Bota esa porcallada ao...

208
00:19:12,458 --> 00:19:13,540
Quen anda aí?

209
00:19:13,541 --> 00:19:14,791
Móstrate!

210
00:19:42,250 --> 00:19:44,374
Non querías estar coa túa familia?

211
00:19:44,375 --> 00:19:47,708
Adóroos, mais todos necesitamos
un respiro ás veces.

212
00:19:48,291 --> 00:19:50,665
- Claramente, sabes de que falo.
- Sei.

213
00:19:50,666 --> 00:19:53,374
En fin,
quería pasar tempo co home misterioso

214
00:19:53,375 --> 00:19:55,790
que tantas baladas de Jaskier inspirou.

215
00:19:55,791 --> 00:19:57,290
Máis ben, bobadas.

216
00:19:57,291 --> 00:20:00,124
Xa sabes
que Jaskier tende a ser dramático.

217
00:20:00,125 --> 00:20:01,999
Veña, ho. Estás a ser modesto?

218
00:20:02,000 --> 00:20:05,582
E a canción sobre a pelexa
cun lobishome a man descuberta

219
00:20:05,583 --> 00:20:06,999
baixo a lúa chea?

220
00:20:07,000 --> 00:20:10,165
Curei ese lobishome con acónito encantado.

221
00:20:10,166 --> 00:20:12,290
E a de cando venciches os vampiros

222
00:20:12,291 --> 00:20:14,915
con tres estacas en cada man
e unha na boca?

223
00:20:14,916 --> 00:20:16,874
Unha estaca por vampiro.

224
00:20:16,875 --> 00:20:18,874
E a de cando atopaches un djinn,

225
00:20:18,875 --> 00:20:23,041
salvaches unha fermosa bruxa
e quedastes unidos a través da maxia?

226
00:20:27,750 --> 00:20:31,249
Só digo que a maioría tende a esaxerar.

227
00:20:31,250 --> 00:20:33,040
A gozar do protagonismo.

228
00:20:33,041 --> 00:20:36,666
Como Jaskier, ou debería dicir Julian?

229
00:20:37,375 --> 00:20:39,000
Entendo por que marchou.

230
00:20:39,583 --> 00:20:40,665
Fóra do palacio,

231
00:20:40,666 --> 00:20:43,874
espérase que os homes de Bremervoord
traballen no mar.

232
00:20:43,875 --> 00:20:45,875
Mais Julian sempre foi creativo.

233
00:20:46,375 --> 00:20:47,374
Diferente.

234
00:20:47,375 --> 00:20:49,374
E tratábano fatal por iso.

235
00:20:49,375 --> 00:20:50,999
Todos menos ti.

236
00:20:51,000 --> 00:20:53,916
Hai que ser valente
para enfrontarse á maioría.

237
00:20:55,583 --> 00:20:58,665
Nunca pensaches
en buscar a vida fóra de Bremervoord?

238
00:20:58,666 --> 00:21:01,790
A miña situación era diferente.
Nunca fun infeliz.

239
00:21:01,791 --> 00:21:04,832
Ás veces pregúntome
como sería todo se marchase,

240
00:21:04,833 --> 00:21:08,333
mais amo o mar,
a miña familia e os meus amigos.

241
00:21:08,958 --> 00:21:11,500
Que máis
me podería ofrecer este continente?

242
00:21:13,541 --> 00:21:16,790
E por que te chaman Ollo Pequeno

243
00:21:16,791 --> 00:21:19,041
se tes dous ollos enormes?

244
00:21:28,416 --> 00:21:30,416
Enormes non. Ou sexa...

245
00:21:31,250 --> 00:21:35,291
Normais. Ollos humanos comúns
e sen nada de especial.

246
00:21:36,541 --> 00:21:39,791
Flirtear non é o teu punto forte.
Verdade, bruxo?

247
00:21:43,041 --> 00:21:45,499
A miña actuación foi insuperable.

248
00:21:45,500 --> 00:21:48,916
Mesmo eses pailáns incultos
me deron unha ovación de pé.

249
00:21:49,708 --> 00:21:52,250
Pobre do afeccionado
ao que lle toque agora.

250
00:21:53,375 --> 00:21:54,458
Deséxame sorte.

251
00:21:56,625 --> 00:21:59,958
Ti...? Ti es a barda local
da que todos están a falar?

252
00:22:01,250 --> 00:22:03,125
Que ben, Essi!

253
00:22:03,750 --> 00:22:06,916
Seguro que o vas facer de marabilla.

254
00:22:08,333 --> 00:22:09,791
Boa sorte. Vale!

255
00:22:10,666 --> 00:22:13,290
Confundían o seu canto
con gatos apareándose,

256
00:22:13,291 --> 00:22:15,791
así que pase o que pase, sorrí e aplaude.

257
00:22:18,500 --> 00:22:22,790
<i>O primeiro bosquexo da miña historia
non foi a mellor versión.</i>

258
00:22:22,791 --> 00:22:25,374
<i>Engadín algo de gloria...</i>

259
00:22:25,375 --> 00:22:28,499
Non teño moi bo oído para a música, mais...

260
00:22:28,500 --> 00:22:30,915
É moi boa.

261
00:22:30,916 --> 00:22:32,749
Espera, esa canción é miña.

262
00:22:32,750 --> 00:22:36,332
Está a cantala á súa maneira!
É inaceptable.

263
00:22:36,333 --> 00:22:40,665
<i>Os escépticos e os resentidos intentaron
centrar a miña historia neles.</i>

264
00:22:40,666 --> 00:22:45,458
<i>Investín en borradores
e encargueime deles.</i>

265
00:22:49,333 --> 00:22:51,582
<i>Unha espada.</i>

266
00:22:51,583 --> 00:22:53,999
<i>Un arco.</i>

267
00:22:54,000 --> 00:22:55,625
<i>Un machado potente.</i>

268
00:22:56,250 --> 00:23:03,207
<i>É imposible defenderse.</i>

269
00:23:03,208 --> 00:23:07,082
<i>Ninguén pode sobrevivir aos meus ataques.</i>

270
00:23:07,083 --> 00:23:09,290
<i>Só eu</i>

271
00:23:09,291 --> 00:23:15,083
<i>escribo o final.</i>

272
00:23:15,666 --> 00:23:20,540
<i>Si, só eu escribo</i>

273
00:23:20,541 --> 00:23:25,666
<i>o final.</i>

274
00:23:29,208 --> 00:23:31,207
Co prezo actual das perlas,

275
00:23:31,208 --> 00:23:34,749
deberiamos enviar
a cada un deses seres mariños osmóns

276
00:23:34,750 --> 00:23:36,874
ás súas tumbas salgadas.

277
00:23:36,875 --> 00:23:41,165
Non podo facer nada mentres o príncipe
ande tras esa cola brillante.

278
00:23:41,166 --> 00:23:45,665
Seguro que a serea o enfeitizou.
Son expertas en enganar con maxia.

279
00:23:45,666 --> 00:23:47,750
Non enganan máis ca os humanos.

280
00:23:49,000 --> 00:23:51,999
Ninguén che pediu a túa opinión, bruxo.

281
00:23:52,000 --> 00:23:54,500
Si. Sei quen es.

282
00:23:55,458 --> 00:23:57,291
O Lobo Branco.

283
00:23:58,125 --> 00:23:59,957
Se sabes como me chamo

284
00:23:59,958 --> 00:24:02,416
é porque coñeces as súas cancións.

285
00:24:11,791 --> 00:24:14,499
É fermosa! É a princesa!

286
00:24:14,500 --> 00:24:17,665
Por todas as hirikka. Quen é?

287
00:24:17,666 --> 00:24:19,749
A princesa Nispen de Maribor.

288
00:24:19,750 --> 00:24:22,749
Unha invitación do rei tardía, mais sabia.

289
00:24:22,750 --> 00:24:27,040
Un bo recordatorio de que hai
moitas princesas humanas coas que casar.

290
00:24:27,041 --> 00:24:30,957
Mesmo trouxo exquisiteces, e froita!

291
00:24:30,958 --> 00:24:33,124
É das princesas que me gustan.

292
00:24:33,125 --> 00:24:35,666
Esperemos que Agloval opine o mesmo.

293
00:24:53,958 --> 00:24:55,124
Que pasou?

294
00:24:55,125 --> 00:24:57,207
- Traede o barbeiro!
- Abride paso.

295
00:24:57,208 --> 00:24:58,665
Quen fixo isto?

296
00:24:58,666 --> 00:25:01,957
Eses peixes do carallo
craváronme unha lanza.

297
00:25:01,958 --> 00:25:03,041
Os vodnik.

298
00:25:04,541 --> 00:25:05,416
Non puiden

299
00:25:05,916 --> 00:25:06,750
escapar.

300
00:25:10,916 --> 00:25:12,957
Se fose Kovir ou Cintra,

301
00:25:12,958 --> 00:25:15,207
se nos atacase unha armada humana,

302
00:25:15,208 --> 00:25:17,041
xa estariamos en guerra.

303
00:25:17,541 --> 00:25:19,666
Somos un reino ou uns covardes?

304
00:25:21,500 --> 00:25:24,166
Síntoo, fillo, mais chegou a hora.

305
00:25:24,875 --> 00:25:26,416
Esgotáronsenos as opcións.

306
00:25:27,000 --> 00:25:28,249
Señor, se mo permite.

307
00:25:28,250 --> 00:25:29,833
Non todas as opcións.

308
00:25:30,333 --> 00:25:32,832
Temos monstros na nosa costa

309
00:25:32,833 --> 00:25:35,457
e un cazador de monstros aquí.

310
00:25:35,458 --> 00:25:38,375
Bruxo, requírense os teus servizos.

311
00:25:38,916 --> 00:25:41,708
Atopa o vodnik que fixo isto e mátao.

312
00:25:42,208 --> 00:25:44,665
Boa sorte. Pregúntello a quen queira.

313
00:25:44,666 --> 00:25:47,457
Non logrou matar o allamorax.

314
00:25:47,458 --> 00:25:50,207
Porque non era a besta que buscabades.

315
00:25:50,208 --> 00:25:54,040
Mais si o son os vodnik.
Traballan para os seres mariños.

316
00:25:54,041 --> 00:25:57,124
Se o bruxo confirma
que son eles os que atacan,

317
00:25:57,125 --> 00:25:59,916
non quedará máis remedio
que declarar a guerra.

318
00:26:07,458 --> 00:26:08,499
Fixemos un trato.

319
00:26:08,500 --> 00:26:10,457
Isto non é o que acordamos.

320
00:26:10,458 --> 00:26:12,500
Tampouco cantar en segundo lugar.

321
00:26:13,000 --> 00:26:14,874
Todos temos que sacrificarnos.

322
00:26:14,875 --> 00:26:20,541
- Non axudarei a xustificar unha guerra.
- Se cadra podes axudar a evitar unha.

323
00:26:22,208 --> 00:26:24,125
Que dis, bruxo?

324
00:26:27,125 --> 00:26:28,166
Merda.

325
00:26:35,750 --> 00:26:38,165
Por que ocultaches ser de Bremervoord?

326
00:26:38,166 --> 00:26:41,082
Sabes que en realidade
eu non son de Rivia.

327
00:26:41,083 --> 00:26:42,875
Non é só iso. É que...

328
00:26:44,000 --> 00:26:47,915
Tiven que deixar este lugar atrás
para poder ser quen quería ser.

329
00:26:47,916 --> 00:26:51,415
Aquí hai moito paspán de mente pechada.

330
00:26:51,416 --> 00:26:54,291
A túa amiga Essi
non encaixa con esa descrición.

331
00:26:55,541 --> 00:26:56,375
Xa.

332
00:26:57,291 --> 00:26:59,208
Si, é coma unha irmá para min.

333
00:27:02,708 --> 00:27:06,790
Sabíao! Notei
que había algo entre vós os dous!

334
00:27:06,791 --> 00:27:09,665
Se con "algo" te refires a aire e espazo.

335
00:27:09,666 --> 00:27:11,457
É unha boa muller.

336
00:27:11,458 --> 00:27:15,540
Non coma ese demoño moreno
de ollos afundidos e lingua viperina.

337
00:27:15,541 --> 00:27:17,415
Necesitas a alguén coma Essi.

338
00:27:17,416 --> 00:27:20,290
Necesito diñeiro, paz e tranquilidade.

339
00:27:20,291 --> 00:27:22,499
Mira, talvez aparentes ser tan duro

340
00:27:22,500 --> 00:27:26,875
coma esta carne chamuscada
que preparaches, mais eu coñezo a verdade.

341
00:27:27,583 --> 00:27:30,415
Que baixo a armadura, as armas

342
00:27:30,416 --> 00:27:35,040
e ese pelo, ese pelo ridículo,
non es máis ca un brando.

343
00:27:35,041 --> 00:27:38,457
Un brando brandiño,
branducho, branduchiño...

344
00:27:38,458 --> 00:27:40,541
- Ai.
- Así de brando?

345
00:27:41,083 --> 00:27:45,249
Aconsélloche que descanses ben.
Temos unha longa viaxe por diante.

346
00:27:45,250 --> 00:27:47,624
E eu aconsélloche que abras o corazón.

347
00:27:47,625 --> 00:27:51,166
Conectar con outro humano
non é tan horrible como o pintas.

348
00:28:17,166 --> 00:28:19,582
- Síntoo.
- Non o sintas.

349
00:28:19,583 --> 00:28:21,374
Fai algo.

350
00:28:21,375 --> 00:28:24,082
- Non sabía se sentías o mesmo.
- Síntoo.

351
00:28:24,083 --> 00:28:27,790
É que... É todo demasiado sinxelo.

352
00:28:27,791 --> 00:28:31,749
- As mellores cousas na vida son así.
- Non foi o meu caso.

353
00:28:31,750 --> 00:28:33,832
É coma se che gustase a traxedia.

354
00:28:33,833 --> 00:28:36,165
Escoller o camiño máis difícil.

355
00:28:36,166 --> 00:28:39,875
Mais podes escoller a serenidade.
Podes escollerme a min.

356
00:28:40,583 --> 00:28:43,957
Deberías ser máis creativo
coas túas fantasías, Geralt.

357
00:28:43,958 --> 00:28:45,750
Vaia clixé.

358
00:28:51,000 --> 00:28:54,041
Nin nos teus soños
me podes seguir o ritmo.

359
00:28:56,041 --> 00:28:58,250
Non ten por que ser así.

360
00:28:58,833 --> 00:29:00,625
Poderiamos comezar de novo.

361
00:29:01,125 --> 00:29:04,165
Soas coma a túa amiga de voz cantareira,

362
00:29:04,166 --> 00:29:06,290
e non é un cumprido.

363
00:29:06,291 --> 00:29:09,541
Por que me rexeitas
cando intento achegarme a ti?

364
00:29:10,333 --> 00:29:12,082
Por favor, Geralt. Esperta.

365
00:29:12,083 --> 00:29:13,583
- Yen, eu...
- Esperta!

366
00:30:47,375 --> 00:30:48,333
Que me perdín?

367
00:30:53,041 --> 00:30:55,707
Sei que non che vai
matar criaturas porque si,

368
00:30:55,708 --> 00:30:57,624
mais esta case te mata

369
00:30:57,625 --> 00:30:59,249
e aínda así deixáchela ir.

370
00:30:59,250 --> 00:31:02,749
Deixeina ir
porque é máis útil viva ca morta.

371
00:31:02,750 --> 00:31:06,250
É un vodnik.
Coma o que matou o buscador de perlas.

372
00:31:06,833 --> 00:31:10,040
E o sangue dos vodnik é iridescente.

373
00:31:10,041 --> 00:31:13,207
Se consigo seguirlle o rastro,
atoparemos aos demais.

374
00:31:13,208 --> 00:31:14,624
Perdoa. Os demais?

375
00:31:14,625 --> 00:31:18,707
Ese vodnik sabe loitar,
mais non podería cun barco enteiro só.

376
00:31:18,708 --> 00:31:23,040
Viaxan en bancos, mais como soubo
unha criatura mariña onde atoparnos?

377
00:31:23,041 --> 00:31:26,750
Agora que vas cun bardo famoso,
todos saben onde estamos!

378
00:31:27,250 --> 00:31:29,165
Os fans poden ser moi obsesivos.

379
00:31:29,166 --> 00:31:32,915
Ou o allamorax e os seres mariños
que deixei ir correron a voz.

380
00:31:32,916 --> 00:31:34,833
Que va. Seguro que é por min.

381
00:31:41,750 --> 00:31:42,832
Essi?

382
00:31:42,833 --> 00:31:44,582
Por que nos segues?

383
00:31:44,583 --> 00:31:47,249
Oístes o rei.
Estamos ao bordo dunha guerra.

384
00:31:47,250 --> 00:31:50,165
Quero saber que pasa na miña vila.
Quero axudar.

385
00:31:50,166 --> 00:31:52,207
Aprecio a túa disposición.

386
00:31:52,208 --> 00:31:55,791
O que necesito agora
é un barco para seguir ese vodnik.

387
00:31:56,375 --> 00:31:58,874
A marea sobe e baixa máis de dez cóbados

388
00:31:58,875 --> 00:32:00,750
e estamos case en marea baixa.

389
00:32:02,875 --> 00:32:03,708
Mira.

390
00:32:11,708 --> 00:32:14,708
Cando baixa,
pódese camiñar ata os Cairos do Dragón.

391
00:32:20,958 --> 00:32:24,708
Cando tiña a túa idade,
todas me fascinaban.

392
00:32:25,541 --> 00:32:28,374
Confundía a paixón momentánea co amor.

393
00:32:28,375 --> 00:32:29,790
Ata

394
00:32:29,791 --> 00:32:31,208
que atopei a túa nai.

395
00:32:32,250 --> 00:32:33,749
Brillaba con luz propia.

396
00:32:33,750 --> 00:32:34,874
Era elegante.

397
00:32:34,875 --> 00:32:38,333
Tiña o don de ver só o mellor na xente.

398
00:32:38,916 --> 00:32:42,749
Os deuses saben
que seguramente por iso me dixo que si.

399
00:32:42,750 --> 00:32:43,958
Eu tamén a estraño.

400
00:32:44,625 --> 00:32:48,333
E debo honrar a súa memoria
casando por amor, como fixestes vós.

401
00:32:49,375 --> 00:32:51,250
Quero casar con Sh'eenaz.

402
00:32:51,791 --> 00:32:54,290
Sei o que cres sentir pola serea, fillo,

403
00:32:54,291 --> 00:32:58,040
mais para nós,
o matrimonio non só ten que ver co amor,

404
00:32:58,041 --> 00:32:59,750
senón tamén co deber.

405
00:33:00,250 --> 00:33:03,124
A túa vida non che pertence só a ti.

406
00:33:03,125 --> 00:33:05,082
Perténcelle ao teu reino.

407
00:33:05,083 --> 00:33:06,999
Estou pensando no reino.

408
00:33:07,000 --> 00:33:10,582
A nosa unión podería traer a paz
tanto na terra coma no mar.

409
00:33:10,583 --> 00:33:12,915
Como, Agloval? Onde viviriades?

410
00:33:12,916 --> 00:33:16,958
E como teriades descendencia? É imposible.

411
00:33:21,666 --> 00:33:24,290
- Sinto interromper.
- Tranquilo.

412
00:33:24,291 --> 00:33:25,875
Eu xa marchaba.

413
00:33:28,041 --> 00:33:31,874
Que conste que eu intentei dicirlle
que rompese con esa serea.

414
00:33:31,875 --> 00:33:34,915
Agradézocho. Aprecia os teus consellos.

415
00:33:34,916 --> 00:33:37,832
Estou á túa disposición
para servir o reino.

416
00:33:37,833 --> 00:33:39,791
E a ti, pai.

417
00:33:40,375 --> 00:33:41,749
Grazas, Zelest.

418
00:33:41,750 --> 00:33:45,499
Hai días nos que desexaría
que foses o meu fillo lexítimo.

419
00:33:45,500 --> 00:33:48,458
Gustaríame ver
o líder no que te converterías.

420
00:34:04,708 --> 00:34:07,207
Todo se ve tan tranquilo desde lonxe.

421
00:34:07,208 --> 00:34:09,957
Quen diría que baixo a calma hai tormenta?

422
00:34:09,958 --> 00:34:13,749
Oxalá os meus pais e todo o meu pobo

423
00:34:13,750 --> 00:34:17,332
puidesen ver que es coma nós.

424
00:34:17,333 --> 00:34:21,250
Aínda que a túa lingua sexa
horrorosamente estridente.

425
00:34:21,750 --> 00:34:24,374
Percorrín os ceos, as terras e os mares,

426
00:34:24,375 --> 00:34:26,832
e nunca vin unha criatura tan fermosa.

427
00:34:26,833 --> 00:34:28,250
Isto é amor.

428
00:34:28,750 --> 00:34:30,624
Isto é amor.

429
00:34:30,625 --> 00:34:33,082
Por fin xuntos.

430
00:34:33,083 --> 00:34:37,208
Oxalá puidese pasar
o que me queda de vida aquí ao teu lado.

431
00:34:46,791 --> 00:34:49,749
Onde leva o bruxo eses humanos?

432
00:34:49,750 --> 00:34:51,249
Meu amor. Que pasa?

433
00:34:51,250 --> 00:34:54,208
Debo avisar aos demais.

434
00:35:11,583 --> 00:35:15,249
Os Coiros dos Dragóns
provocábanme pesadelos de neno.

435
00:35:15,250 --> 00:35:18,624
Só son uns penedos.
Non hai nada que temer.

436
00:35:18,625 --> 00:35:21,083
Excepto esa guarida de vodnik.

437
00:35:25,458 --> 00:35:26,291
Que dixech...?

438
00:35:38,708 --> 00:35:40,458
Quen te manda?

439
00:35:41,750 --> 00:35:44,040
Se cho dixese, ela mataríame.

440
00:35:44,041 --> 00:35:46,624
Se non mo dis, matareite eu.

441
00:35:46,625 --> 00:35:49,332
Ordenouvos ela
matar os buscadores de perlas?

442
00:35:49,333 --> 00:35:53,165
Eu nunca matei a ningún,
mais alégrome de que alguén o fixese.

443
00:35:53,166 --> 00:35:56,040
Cres que así protexes os teus,
mais non o fas.

444
00:35:56,041 --> 00:36:00,874
Sexa quen sexa, está disposta
a deixarvos morrer polas súas batallas.

445
00:36:00,875 --> 00:36:03,582
Todos cren
que me volvín brando cos monstros.

446
00:36:03,583 --> 00:36:07,499
Demostrareilles que se equivocan
se non me dás un nome.

447
00:36:07,500 --> 00:36:08,583
Foi...

448
00:36:21,791 --> 00:36:22,875
Que fixeches?

449
00:36:23,458 --> 00:36:24,957
O teu traballo, bruxo!

450
00:36:24,958 --> 00:36:28,790
Dáseche tan mal dar as grazas
como matar monstros.

451
00:36:28,791 --> 00:36:31,665
Segues facendo
que outros loiten por ti, Julian.

452
00:36:31,666 --> 00:36:36,332
Intento deter unha guerra.
Por que parece que ti queres provocala?

453
00:36:36,333 --> 00:36:40,208
Parvadas! Simplemente
sei que significa estar ao mando.

454
00:37:39,125 --> 00:37:39,958
Julian!

455
00:37:45,541 --> 00:37:46,541
Essi!

456
00:38:38,375 --> 00:38:42,083
Lisca ou matarei
o único monstro verdadeiro que vexo.

457
00:38:58,083 --> 00:39:00,333
Meu pai será informado disto!

458
00:39:05,708 --> 00:39:07,583
A marea está a subir rápido!

459
00:39:08,583 --> 00:39:12,249
Essi, se coñeces o océano,
é o momento de demostralo.

460
00:39:12,250 --> 00:39:13,375
Seguídeme.

461
00:39:15,291 --> 00:39:16,499
Salta!

462
00:39:16,500 --> 00:39:18,416
Isto paréceme unha idea horr...

463
00:39:30,833 --> 00:39:32,125
Que pasou?

464
00:39:32,708 --> 00:39:35,457
Foi o irmán bastardo do príncipe!

465
00:39:35,458 --> 00:39:39,749
Debe estar actuando pola súa conta.
Agloval nunca permitiría algo así.

466
00:39:39,750 --> 00:39:43,290
Ou talvez sexa astuto abondo
como para cho ocultar.

467
00:39:43,291 --> 00:39:47,291
Ese humano distraeute e esqueciches
o teu deber de protexer o mar.

468
00:39:47,875 --> 00:39:50,249
Informeivos cando vin o bruxo.

469
00:39:50,250 --> 00:39:53,416
Agora mesmo, o único
que me distrae é a túa histeria.

470
00:39:53,916 --> 00:39:56,000
Eu sando, non loito.

471
00:39:56,625 --> 00:39:58,540
Déixame axudar o noso primo.

472
00:39:58,541 --> 00:40:00,500
Para nós,

473
00:40:01,125 --> 00:40:02,624
a guerra xa comezou.

474
00:40:02,625 --> 00:40:05,208
Aguanta, Deroua. Respira profundamente.

475
00:40:33,833 --> 00:40:35,874
Grazas pola túa axuda hoxe, Essi.

476
00:40:35,875 --> 00:40:37,583
E a miña axuda que?

477
00:40:38,208 --> 00:40:39,291
Quédache cervexa?

478
00:40:39,958 --> 00:40:42,540
Todos culpan o príncipe e a serea.

479
00:40:42,541 --> 00:40:45,874
Temos que falar con eles.
Obter a verdade da fonte.

480
00:40:45,875 --> 00:40:50,207
Reúnense á alba na Rocha do Fundador.
Vinos. Podemos ir pola mañá.

481
00:40:50,208 --> 00:40:53,082
Preocúpame que os humanos
non busquen a verdade,

482
00:40:53,083 --> 00:40:56,207
senón unha razón
para exterminar os seres mariños.

483
00:40:56,208 --> 00:40:58,957
Vivimos do mar.
Por que iamos acabar con eles?

484
00:40:58,958 --> 00:41:02,040
Os humanos tenden a buscar
beneficios a curto prazo

485
00:41:02,041 --> 00:41:05,082
e a modificar a historia
para non ser os culpables.

486
00:41:05,083 --> 00:41:10,082
Xa o vin antes con cornos silvanos,
escamas de basiliscos e agora, as perlas.

487
00:41:10,083 --> 00:41:13,290
Xa non é por necesidade, senón por cobiza.

488
00:41:13,291 --> 00:41:16,082
O vodnik dixo que o contratou unha "ela".

489
00:41:16,083 --> 00:41:17,708
Sería cousa da raíña?

490
00:41:18,250 --> 00:41:21,957
Pareces convencida do da raíña,
mais que motivo podería ter?

491
00:41:21,958 --> 00:41:24,749
Os pais fan o que sexa
por protexer os fillos.

492
00:41:24,750 --> 00:41:26,916
Cre que o príncipe é unha ameaza.

493
00:41:29,500 --> 00:41:33,458
Tal e como tratamos as sereas
no pasado, non a culpo.

494
00:41:34,833 --> 00:41:39,707
O que eu entendía por amor de neno
era un recuncho de palla nun chan sucio

495
00:41:39,708 --> 00:41:42,624
e o xusto para sobrevivir un día máis.

496
00:41:42,625 --> 00:41:45,583
Os vosos nunca foron moito de fiar.

497
00:41:48,166 --> 00:41:50,583
Pareces seguir atrapado no teu pasado.

498
00:41:54,333 --> 00:41:56,833
Para resolver
os grandes misterios da vida,

499
00:41:58,166 --> 00:42:00,291
comeza por mirar diante de ti.

500
00:42:12,375 --> 00:42:15,832
Cóntame máis de cando cantaches
para a condesa de Stael.

501
00:42:15,833 --> 00:42:18,874
Xa che contei esa historia tres veces.

502
00:42:18,875 --> 00:42:22,999
Non quero ser pesada.
Gústanme as túas historias, mais xa calo.

503
00:42:23,000 --> 00:42:26,665
Menos mal. Xa poden
aparecer pronto Agloval e a princesa.

504
00:42:26,666 --> 00:42:30,332
Non podo rexeitar
a petición humilde dunha boa amiga.

505
00:42:30,333 --> 00:42:34,957
Era unha noite cálida en Maribor
cando me reencontrei coa miña condesa.

506
00:42:34,958 --> 00:42:39,249
Unha praga azoutara a zona
durante dúas veces dez anos!

507
00:42:39,250 --> 00:42:41,415
- Vinte anos.
- Vinte anos!

508
00:42:41,416 --> 00:42:45,749
Así que en vez de facer o amor
baixo as estrelas no seu horto de pexegos

509
00:42:45,750 --> 00:42:49,457
baixo o aroma fragrante
que desprendían as árbores,

510
00:42:49,458 --> 00:42:54,124
foi o cheiro de fungos rancios
baixo as ramas murchas

511
00:42:54,125 --> 00:42:56,415
o que nos encheu as fosas nasais e...

512
00:42:56,416 --> 00:42:58,582
Non queremos saber que encheu.

513
00:42:58,583 --> 00:43:03,207
Paréceme razoable.
Mais nada puido frear a nosa doce paixón.

514
00:43:03,208 --> 00:43:07,874
Nin a caída económica dun feudo
como capital da froita do Continente.

515
00:43:07,875 --> 00:43:11,249
- E, desde entón, nunca se recuperaron.
- É iso certo?

516
00:43:11,250 --> 00:43:14,708
Precisamente ti dubidas
do meu amor pola condesa de Stael?

517
00:43:15,208 --> 00:43:16,500
Aí están.

518
00:43:24,375 --> 00:43:28,165
Enviou a túa especie
un vodnik para matarme onte á noite.

519
00:43:28,166 --> 00:43:31,083
Eu comezaría cun "bo día".

520
00:43:31,750 --> 00:43:32,707
Descúlpao.

521
00:43:32,708 --> 00:43:36,749
Talvez teña os modos dun xabaril,
mais ten o corazón dun león.

522
00:43:36,750 --> 00:43:38,582
Ou león mariño, no teu caso.

523
00:43:38,583 --> 00:43:42,915
Tes unha forma de falar fermosa.
Estou impresionada.

524
00:43:42,916 --> 00:43:47,874
O teu amante fala coma un corvo a corvear.
Podíaslle dar unhas clases.

525
00:43:47,875 --> 00:43:50,458
Amante? Apenas a coñezo.

526
00:43:51,166 --> 00:43:53,374
Señora barda... Essi.

527
00:43:53,375 --> 00:43:54,833
Ven e traduce para min.

528
00:43:55,583 --> 00:43:58,124
Dille a Sh'eenaz que quero casar con ela,

529
00:43:58,125 --> 00:44:00,750
mais talvez tarde en convencer a meu pai.

530
00:44:01,750 --> 00:44:06,207
Quere casar contigo
Agora debe convencer a seu pai.

531
00:44:06,208 --> 00:44:11,874
Eu teño cola e ti tes pernas.
Como facemos realidade esta fantasía?

532
00:44:11,875 --> 00:44:15,499
Pregunta como faredes
realidade esta fantasía.

533
00:44:15,500 --> 00:44:19,832
- Ten cola e vostede, pernas.
- Iso carece de importancia cando se ama.

534
00:44:19,833 --> 00:44:23,000
Mais amar significa estar xuntos,

535
00:44:23,583 --> 00:44:27,208
e non pode vivir
entre os horribles camiñantes da terra.

536
00:44:28,875 --> 00:44:30,457
Palabras súas, non miñas.

537
00:44:30,458 --> 00:44:32,458
Podería construírlle un tanque.

538
00:44:32,958 --> 00:44:37,207
É unha princesa, non unha mascota.
Suxerir algo así é intolerable.

539
00:44:37,208 --> 00:44:38,582
Intento pensar.

540
00:44:38,583 --> 00:44:42,499
Nas solucións que propón
ela debe sacrificar algo e vostede nada.

541
00:44:42,500 --> 00:44:44,624
Nin sequera algo pequeno.

542
00:44:44,625 --> 00:44:45,541
Palabras súas

543
00:44:46,208 --> 00:44:47,082
ou túas?

544
00:44:47,083 --> 00:44:49,915
Xa retomaremos esta disputa de parella.

545
00:44:49,916 --> 00:44:52,499
Agora mesmo, debo deter unha guerra.

546
00:44:52,500 --> 00:44:54,083
Pregúntalle polo vodnik.

547
00:44:54,750 --> 00:44:59,040
O bruxo volve preguntar
polo ataque de onte.

548
00:44:59,041 --> 00:45:01,665
Dille ao teu bruxo
que o oín a primeira vez.

549
00:45:01,666 --> 00:45:04,582
Non sei nada dese ataque,

550
00:45:04,583 --> 00:45:06,666
salvo o que din os homes do rei.

551
00:45:07,583 --> 00:45:10,790
- Atacáronvos?
- Ao pouco de contratarme seu pai.

552
00:45:10,791 --> 00:45:15,040
Coma se alguén non quixese
que descubrise quen matou os pescadores.

553
00:45:15,041 --> 00:45:17,583
Vímosvos preto dos Coiros dos Dragóns.

554
00:45:18,083 --> 00:45:19,791
Sh'eenaz anoxouse moito.

555
00:45:20,291 --> 00:45:23,791
Botaches a nadar
sen sequera un bico de despedida. Por que?

556
00:45:26,250 --> 00:45:29,999
Estabas anoxada cando te fuches onte?

557
00:45:30,000 --> 00:45:35,874
Claro que o estaba. Fun salvar
o meu pobo da espada de teu irmán!

558
00:45:35,875 --> 00:45:37,790
Seguro que Zelest e os seus

559
00:45:37,791 --> 00:45:40,499
loitaron con valentía
para atopar o culpable.

560
00:45:40,500 --> 00:45:43,249
Talvez meus pais
non se equivoquen cos humanos

561
00:45:43,250 --> 00:45:47,624
se sodes quen de defender
o asasino que matou o meu primo!

562
00:45:47,625 --> 00:45:52,583
Igual Zelest ten razón e enfeitizáchesme.
Como me deixei enganar por isto? Por ti?

563
00:45:57,916 --> 00:46:01,250
Gustábasme máis
cando só faciamos o amor e non falabamos.

564
00:46:07,708 --> 00:46:08,750
E agora que?

565
00:46:09,541 --> 00:46:11,541
Agora todo se derruba.

566
00:46:33,541 --> 00:46:35,041
Lachlan Daven.

567
00:46:35,583 --> 00:46:38,500
Por decreto do honorable rei Usveldt,

568
00:46:39,000 --> 00:46:42,874
pasas a formar parte
das forzas armadas de Bremervoord.

569
00:46:42,875 --> 00:46:45,624
A que vén isto? É un neno!

570
00:46:45,625 --> 00:46:49,249
Ten 15 anos.
Segundo a lei, é apto para loitar.

571
00:46:49,250 --> 00:46:50,749
Ao carallo coa vosa lei!

572
00:46:50,750 --> 00:46:54,499
Cando... Se se declara a guerra,

573
00:46:54,500 --> 00:46:57,249
o teu sobriño acabará nun barco

574
00:46:57,250 --> 00:46:58,583
ou na forca.

575
00:47:58,416 --> 00:48:01,499
Humanos. Non os podo ver.

576
00:48:01,500 --> 00:48:03,540
Tranquila, tesouro.

577
00:48:03,541 --> 00:48:07,124
As relacións pasan
por momentos difíciles de cando en vez.

578
00:48:07,125 --> 00:48:09,500
Miña nai prepárase para a guerra.

579
00:48:10,208 --> 00:48:12,874
Talvez xa non sinta o mesmo por Agloval,

580
00:48:12,875 --> 00:48:15,749
mais non quero que se perdan máis vidas.

581
00:48:15,750 --> 00:48:17,915
De seres mariños ou humanos.

582
00:48:17,916 --> 00:48:19,541
Xa, seino.

583
00:48:20,041 --> 00:48:24,083
Tamén sei como é
amar un home co que non podes estar.

584
00:48:25,583 --> 00:48:28,957
Estiven a traballar en algo
desde a última reunión.

585
00:48:28,958 --> 00:48:32,000
Parecías moi consternada por Agloval.

586
00:48:36,541 --> 00:48:37,583
Unha poción.

587
00:48:38,250 --> 00:48:41,582
Permitirache tomar a forma do teu amado.

588
00:48:41,583 --> 00:48:44,665
Queres dicir que me... volvería humana?

589
00:48:44,666 --> 00:48:47,915
Se fixeses algo
que demostrase a túa lealdade,

590
00:48:47,916 --> 00:48:49,499
entraría en razón.

591
00:48:49,500 --> 00:48:51,957
Non se trata diso!

592
00:48:51,958 --> 00:48:53,875
Eu tería que renunciar a todo.

593
00:48:59,166 --> 00:49:02,915
<i>Un pequeno sacrificio,</i>

594
00:49:02,916 --> 00:49:06,665
<i>un novo paraíso.</i>

595
00:49:06,666 --> 00:49:10,915
<i>O prezo pouco é, así que pórtate ben</i>

596
00:49:10,916 --> 00:49:13,916
<i>e acepta.</i>

597
00:49:14,833 --> 00:49:18,166
<i>Trátase de dar e tomar.</i>

598
00:49:18,708 --> 00:49:22,540
<i>A todo ti terás que renunciar.</i>

599
00:49:22,541 --> 00:49:24,915
<i>Un prezo digno.</i>

600
00:49:24,916 --> 00:49:29,458
<i>Non hai outro camiño.
Non me podo equivocar.</i>

601
00:49:32,250 --> 00:49:35,332
- Doe?
- Tremendamente.

602
00:49:35,333 --> 00:49:38,665
- Deixará cicatrices?
- Sen dúbida.

603
00:49:38,666 --> 00:49:42,790
<i>Mais tras esa dor que pasará,
un príncipe dirá</i>

604
00:49:42,791 --> 00:49:45,750
<i>que te ama.</i>

605
00:49:47,791 --> 00:49:49,540
E todos os meus amigos?

606
00:49:49,541 --> 00:49:52,124
- Unha nimiedade!
- E miña nai?

607
00:49:52,125 --> 00:49:53,625
Que lle vaia ben.

608
00:49:54,208 --> 00:49:58,040
<i>Unha noiva resplandecente serás.</i>

609
00:49:58,041 --> 00:50:01,874
Así podería convencer os humanos
de que detivesen a guerra.

610
00:50:01,875 --> 00:50:07,541
<i>Ao teu carón o necesitarás.</i>

611
00:50:08,708 --> 00:50:11,083
Mais non sei se a podo tomar, tía.

612
00:50:12,041 --> 00:50:15,916
Queda con ela.
Nunca se sabe que pode pasar, tesouro.

613
00:50:16,416 --> 00:50:18,541
Unha rapaza sempre necesita opcións.

614
00:50:35,500 --> 00:50:38,749
Nin sequera sei que fago eu aquí.
Non me necesitades.

615
00:50:38,750 --> 00:50:40,165
Iso non é certo.

616
00:50:40,166 --> 00:50:42,582
Geralt é a forza, ti es o cerebro

617
00:50:42,583 --> 00:50:46,875
e eu, obviamente, a cara bonita,
mais nesta situación, iso non é útil.

618
00:50:47,458 --> 00:50:49,665
Estás aquí para dar apoio moral.

619
00:50:49,666 --> 00:50:52,458
Algo moi escaso agora mesmo.

620
00:50:53,375 --> 00:50:57,915
Grazas pola túa axuda. Non sabía
que dominabas o idioma dos seres mariños.

621
00:50:57,916 --> 00:50:58,999
Como o ías saber?

622
00:50:59,000 --> 00:51:00,875
Ao cabo, apenas me coñeces.

623
00:51:02,208 --> 00:51:04,790
- Essi, non quixen...
- Vin polo meu sobriño.

624
00:51:04,791 --> 00:51:08,249
Mandárono á guerra
polos ataques aos buscadores de perlas.

625
00:51:08,250 --> 00:51:10,790
Se tes razón e non son os seres mariños,

626
00:51:10,791 --> 00:51:12,500
se é culpa dos humanos,

627
00:51:13,041 --> 00:51:14,375
talvez o poida salvar.

628
00:51:22,666 --> 00:51:25,040
Caso resolto. Foron os vodnik.

629
00:51:25,041 --> 00:51:27,124
Marabilloso. Podemos marchar xa?

630
00:51:27,125 --> 00:51:31,540
Non o teño tan claro. Cravaron
todas as lanzas desde o mesmo ángulo.

631
00:51:31,541 --> 00:51:32,583
Desde abaixo.

632
00:51:33,083 --> 00:51:33,915
E que?

633
00:51:33,916 --> 00:51:37,916
Os vodnik teñen pernas,
e ningún subiu ao barco?

634
00:51:39,125 --> 00:51:42,333
Quen fose que os matou
atacou só desde a auga.

635
00:51:54,958 --> 00:51:57,874
Ese colar só o leva
a familia real das sereas.

636
00:51:57,875 --> 00:52:00,958
Tiñas razón.
A raíña Dahut está detrás de todo isto.

637
00:52:01,541 --> 00:52:04,666
Díxencho.
Os pais fan o que sexa polos seus fillos.

638
00:52:05,333 --> 00:52:07,333
O rei non se botará atrás agora.

639
00:52:08,791 --> 00:52:10,750
Hai que ir ao castelo axiña.

640
00:52:26,166 --> 00:52:28,790
Non tardaches moito
en esquecer a Sh'eenaz.

641
00:52:28,791 --> 00:52:34,290
- Parece que me equivocara con ela.
- Que tes para nós, bruxo?

642
00:52:34,291 --> 00:52:37,624
As mans baleiras
e seguro que unha chea de escusas.

643
00:52:37,625 --> 00:52:38,541
Arrestádeo.

644
00:52:39,458 --> 00:52:41,790
Sei quen matou os buscadores de perlas.

645
00:52:41,791 --> 00:52:42,915
Quero oílo.

646
00:52:42,916 --> 00:52:46,707
Xa sabemos que un vodnik
fixo o traballo sucio das sereas.

647
00:52:46,708 --> 00:52:50,541
Non foi o vodnik,
mais a criatura quería que o crésedes.

648
00:52:51,541 --> 00:52:52,457
A criatura?

649
00:52:52,458 --> 00:52:57,000
Tomou a forma dun kraken
para poder facer o traballo de dez vodnik.

650
00:53:08,083 --> 00:53:10,540
Os kraken son aterradores, recoñézoo,

651
00:53:10,541 --> 00:53:13,790
mais todos saben
que non son moi intelixentes.

652
00:53:13,791 --> 00:53:17,707
- Un kraken non podería levar a cabo...
- Non dixen un kraken.

653
00:53:17,708 --> 00:53:21,707
Dixen a forma dun kraken. Foi unha serea.

654
00:53:21,708 --> 00:53:22,915
Sabíao.

655
00:53:22,916 --> 00:53:25,500
Si, e por riba, real.

656
00:53:30,416 --> 00:53:34,541
Atopei este colar no temón
do barco dos buscadores de perlas.

657
00:53:35,125 --> 00:53:38,415
Só poden levar o peridoto sereas reais.

658
00:53:38,416 --> 00:53:41,999
Díxenche que non confiases
nesa rapaza escamuda.

659
00:53:42,000 --> 00:53:46,040
Non foi Sh'eenaz.
Dubido que ela soubese algo disto.

660
00:53:46,041 --> 00:53:48,957
Dixeches que as sereas
son unhas farsantes.

661
00:53:48,958 --> 00:53:52,457
Só unha serea real pode
facer pocións e cambiar de forma.

662
00:53:52,458 --> 00:53:53,790
A bruxa do mar.

663
00:53:53,791 --> 00:53:58,374
Melusina? Sei que sabe facer maxia,
mais como sabes que cambia de forma?

664
00:53:58,375 --> 00:54:02,083
Porque xa a vin facelo antes.
Todos a vimos.

665
00:54:11,541 --> 00:54:16,790
Non matei o monstro que atacou os barcos
porque está aquí agora mesmo.

666
00:54:16,791 --> 00:54:19,250
Non si, bruxa do mar?

667
00:54:23,500 --> 00:54:24,875
Corre, Melusina!

668
00:54:47,625 --> 00:54:49,166
Malditas estacas inútiles!

669
00:54:56,083 --> 00:55:00,332
Vaia, Geralt. Sempre es quen
de identificar esas bruxas morenas.

670
00:55:00,333 --> 00:55:03,374
- Como soubeches quen era?
- Por algo que dixeches.

671
00:55:03,375 --> 00:55:06,707
Maribor tivo unha praga
nos seus hortos durante 20 anos.

672
00:55:06,708 --> 00:55:08,790
Dúas veces dez anos.

673
00:55:08,791 --> 00:55:13,458
Entón non é de Maribor.
Conxurou esa froita!

674
00:55:14,125 --> 00:55:15,332
Resolvín o caso!

675
00:55:15,333 --> 00:55:18,250
Fuches cómplice
desa bruxa todo este tempo!

676
00:55:18,750 --> 00:55:20,707
- Fillo.
- Todos os ataques.

677
00:55:20,708 --> 00:55:23,874
Os buscadores de perlas
e os pescadores que morreron!

678
00:55:23,875 --> 00:55:25,957
Fostes ti e Melusina!

679
00:55:25,958 --> 00:55:29,415
Un ataque debía chegar
para que todo se derrubase,

680
00:55:29,416 --> 00:55:32,374
mais fuches tan cabezón
que tiven que seguir!

681
00:55:32,375 --> 00:55:35,707
Se non insistises
en contratar este "limpasumidoiros",

682
00:55:35,708 --> 00:55:38,290
xa non teríamos este problema.

683
00:55:38,291 --> 00:55:39,957
Mataches aos nosos!

684
00:55:39,958 --> 00:55:44,540
E faríao de novo
para facerte entrar en razón.

685
00:55:44,541 --> 00:55:48,499
A nosa familia leva no trono 11 xeracións,

686
00:55:48,500 --> 00:55:53,374
e haberá 11 xeracións máis
cando atopes a princesa axeitada.

687
00:55:53,375 --> 00:55:55,415
Mamá estaría avergoñada de ti.

688
00:55:55,416 --> 00:55:58,749
Non te atrevas a falarme a min de túa nai.

689
00:55:58,750 --> 00:56:02,249
Fago isto por ela, mocoso do carallo!

690
00:56:02,250 --> 00:56:05,915
O seu legado morrerá
por culpa da túa teimuda arrogancia!

691
00:56:05,916 --> 00:56:08,874
E o legado deses pescadores?

692
00:56:08,875 --> 00:56:12,290
Ningún deles estaría morto
se non foses tan egoísta.

693
00:56:12,291 --> 00:56:15,874
Obrigáchesme a facelo.
O seu sangue está nas túas mans.

694
00:56:15,875 --> 00:56:19,375
Se teño que gobernar así,
non quero ser parte disto.

695
00:56:22,125 --> 00:56:25,165
Nós... acompañaremos o príncipe á saída.

696
00:56:25,166 --> 00:56:26,540
Non vos preocupedes.

697
00:56:26,541 --> 00:56:27,791
Atacaremos agora!

698
00:56:28,333 --> 00:56:31,040
Convocade os recrutas. Zelest!

699
00:56:31,041 --> 00:56:34,374
Desfacédevos deles
máis alá dos Coiros dos Dragóns.

700
00:56:34,375 --> 00:56:38,874
Se tanto amas eses monstros mariños,
podes quedar con eles para sempre.

701
00:56:38,875 --> 00:56:39,791
Non.

702
00:56:40,708 --> 00:56:43,957
Impulsei a guerra
porque cría que nos atacaban.

703
00:56:43,958 --> 00:56:46,082
Caín nos prexuízos de sempre.

704
00:56:46,083 --> 00:56:48,832
- Mais eras ti.
- Coidado co que dis, fillo.

705
00:56:48,833 --> 00:56:50,333
Non me chames iso!

706
00:56:51,958 --> 00:56:54,332
Toda unha vida sen ser abondo

707
00:56:54,333 --> 00:56:56,249
e agora queres chamarme fillo?

708
00:56:56,250 --> 00:57:01,000
Non! Non participarei nesa matanza
para apoiar un rei traidor!

709
00:57:01,541 --> 00:57:06,332
Debo protexer a Agloval,
por moito que me decepcionase,

710
00:57:06,333 --> 00:57:10,416
mais ti nunca fuches
nada máis ca un erro que quixen borrar.

711
00:57:10,916 --> 00:57:13,624
E iso mesmo farei agora.

712
00:57:13,625 --> 00:57:15,625
Desfacédevos tamén del.

713
00:57:55,083 --> 00:57:58,165
Alteza, ninguén quere
darme unha resposta clara.

714
00:57:58,166 --> 00:57:59,707
Que acontece no peirao?

715
00:57:59,708 --> 00:58:02,416
A flota real diríxese
aos Coiros dos Dragóns.

716
00:58:02,916 --> 00:58:04,458
Temo que imos á guerra.

717
00:58:04,958 --> 00:58:07,082
Onde están Geralt e Jaskier?

718
00:58:07,083 --> 00:58:08,874
Enfrontáronse a meu pai.

719
00:58:08,875 --> 00:58:09,791
El...

720
00:58:11,500 --> 00:58:14,625
Non os volverás ver, Essi. Síntoo.

721
00:58:15,791 --> 00:58:19,040
E vaino permitir? Pois non é mellor ca el.

722
00:58:19,041 --> 00:58:20,999
Coidado co que dis, barda!

723
00:58:21,000 --> 00:58:23,165
Recorda con quen estás a falar.

724
00:58:23,166 --> 00:58:27,665
Seino ben. Falo cun home
que chegou ao trono por azar.

725
00:58:27,666 --> 00:58:31,749
Jaskier fixo ben en marchar
desde maldito reino. Eu defendino.

726
00:58:31,750 --> 00:58:34,082
Cría que todo se podería arranxar,

727
00:58:34,083 --> 00:58:36,582
mais iso non depende de min nin dos meus.

728
00:58:36,583 --> 00:58:39,707
Só somos os pobres
que viven fóra do palacio.

729
00:58:39,708 --> 00:58:41,000
Depende de vostedes.

730
00:58:43,708 --> 00:58:46,040
Que pena que lles importemos unha figa.

731
00:58:46,041 --> 00:58:48,540
- Iso non é certo.
- Pois demóstreo!

732
00:58:48,541 --> 00:58:52,665
Podería detelos se tivese
unha fracción da coraxe que ten o bruxo!

733
00:58:52,666 --> 00:58:55,082
Intentaba deter esta guerra!

734
00:58:55,083 --> 00:58:56,915
Manter o noso pobo con vida!

735
00:58:56,916 --> 00:58:59,749
Hai que ser valente
para enfrontarse á maioría.

736
00:58:59,750 --> 00:59:03,208
Ese bruxo é tan honorable
como calquera neste reino.

737
00:59:04,333 --> 00:59:06,166
Se se tratase de Sh'eenaz,

738
00:59:06,666 --> 00:59:08,041
que faría?

739
00:59:32,041 --> 00:59:35,290
- Estás ben, tía?
- Estarei ben pronto.

740
00:59:35,291 --> 00:59:37,790
Hai barcos arriba. Veñen por nós!

741
00:59:37,791 --> 00:59:39,083
Que pasa?

742
00:59:41,166 --> 00:59:43,833
O reinado de teus pais chegou ao seu fin.

743
01:00:03,541 --> 01:00:04,832
Aquí está ben.

744
01:00:04,833 --> 01:00:07,249
Debería matarte a ti primeiro, bruxo,

745
01:00:07,250 --> 01:00:10,000
mais creo que non temes a dor nin a morte.

746
01:00:10,625 --> 01:00:14,332
Con todo, aínda que din
que os bruxos non teñen sentimentos,

747
01:00:14,333 --> 01:00:16,250
sei como facerche dano.

748
01:00:16,750 --> 01:00:19,040
Que vexa como morren os seus amigos.

749
01:00:19,041 --> 01:00:20,582
E que sexa rápido.

750
01:00:20,583 --> 01:00:22,500
Teño unha guerra que gañar.

751
01:00:23,291 --> 01:00:27,750
Dous suxeitos inútiles
que ninguén botará de menos.

752
01:00:29,458 --> 01:00:30,291
Geralt.

753
01:00:30,875 --> 01:00:33,749
Síntoo. Perdóame
por obrigarte a facer ese trato.

754
01:00:33,750 --> 01:00:36,791
Sabía que non debía volver a Bremervoord.

755
01:00:37,416 --> 01:00:39,833
Fixeches ben en marchar, Jaskier.

756
01:00:40,375 --> 01:00:41,583
Irei eu primeiro.

757
01:01:50,333 --> 01:01:51,915
Que pode facer un bardo?

758
01:01:51,916 --> 01:01:54,916
Sígueme e mantente a salvo.

759
01:01:56,208 --> 01:01:57,625
Estamos ben fodidos.

760
01:01:58,208 --> 01:01:59,583
Talvez non.

761
01:02:13,791 --> 01:02:15,041
Sh'eenaz.

762
01:02:40,375 --> 01:02:44,040
O rei está aliado coa túa tía.
A bruxa do mar.

763
01:02:44,041 --> 01:02:46,290
E o meu príncipe? Onde está?

764
01:02:46,291 --> 01:02:47,457
Non veu.

765
01:02:47,458 --> 01:02:52,415
Nin sequera para deter unha guerra?
Nin sequera un pequeno sacrificio...

766
01:02:52,416 --> 01:02:55,540
Non o sabía. E ámate de verdade.

767
01:02:55,541 --> 01:02:57,291
O amor dá a cara.

768
01:02:59,208 --> 01:03:00,041
Coidado!

769
01:03:24,333 --> 01:03:26,250
Atacade!

770
01:04:39,291 --> 01:04:41,041
Aínda temos posibilidades.

771
01:04:56,625 --> 01:04:58,000
Non dixen nada.

772
01:05:09,208 --> 01:05:10,041
Non!

773
01:05:49,208 --> 01:05:51,165
Encargádevos vós do bruxo.

774
01:05:51,166 --> 01:05:53,083
Deixádeme a miña sobriña a min.

775
01:07:30,666 --> 01:07:32,707
Por que fas isto?

776
01:07:32,708 --> 01:07:34,332
Eu defendinte!

777
01:07:34,333 --> 01:07:36,707
Basim era meu.

778
01:07:36,708 --> 01:07:38,708
O noso amor era verdadeiro.

779
01:07:39,541 --> 01:07:42,458
Mais a miña irmá deulle
o único que eu non puiden.

780
01:07:43,083 --> 01:07:45,250
Unha cría. Ti.

781
01:07:45,875 --> 01:07:50,249
Debería estar no trono co meu Basim,
mais Dahut arrebatoumo.

782
01:07:50,250 --> 01:07:51,416
<i>Arrebatoumo!</i>

783
01:07:51,916 --> 01:07:53,957
<i>A dor pola que pasei</i>

784
01:07:53,958 --> 01:07:56,291
<i>ao perder a quen máis amaba...</i>

785
01:07:58,375 --> 01:08:00,082
<i>Agora tócalle a ela.</i>

786
01:08:00,083 --> 01:08:02,915
<i>Merecen perdelo todo,</i>

787
01:08:02,916 --> 01:08:04,750
e así será.

788
01:08:05,791 --> 01:08:09,957
Debiches escoller esas pernas ridículas
cando tiveches a oportunidade.

789
01:08:09,958 --> 01:08:11,250
Por outro lado,

790
01:08:11,833 --> 01:08:15,291
o teu humano nin sequera
se molestou en vir.

791
01:08:22,416 --> 01:08:23,250
Sh'eenaz!

792
01:08:30,666 --> 01:08:31,916
Agloval.

793
01:09:53,875 --> 01:09:55,375
Podo eu só. Vai!

794
01:11:06,041 --> 01:11:09,374
A túa tía e mais eu
estamos de acordo en moitas cousas.

795
01:11:09,375 --> 01:11:14,125
Sobre todo en que todos os nosos problemas
comezaron contigo.

796
01:11:29,000 --> 01:11:29,875
Essi!

797
01:11:44,666 --> 01:11:47,333
A ver como nadas agora.

798
01:13:08,916 --> 01:13:10,000
Geralt!

799
01:13:29,250 --> 01:13:30,083
Geralt.

800
01:15:14,625 --> 01:15:17,958
Sh'eenaz!

801
01:15:18,666 --> 01:15:19,625
Sh'eenaz!

802
01:15:38,125 --> 01:15:41,249
- Cría que te converterías nun petisco.
- Xa o fun.

803
01:15:41,250 --> 01:15:43,499
Como fedía despois da selkiemore...

804
01:15:43,500 --> 01:15:45,457
Ao menos esta vez bañouse.

805
01:15:45,458 --> 01:15:46,625
E Sh'eenaz?

806
01:15:53,125 --> 01:15:56,250
Ninguén te culpará se o abandonas aquí.

807
01:15:57,166 --> 01:15:58,875
Segue sendo do meu sangue.

808
01:16:05,916 --> 01:16:08,041
Que lle fixeches?

809
01:16:21,500 --> 01:16:25,125
- Grazas, nai.
- Non es a única curandeira da familia.

810
01:16:33,833 --> 01:16:35,916
Estes seres non son o noso inimigo!

811
01:16:40,291 --> 01:16:41,791
E nós non somos o voso.

812
01:16:42,291 --> 01:16:43,583
Foi todo unha trampa!

813
01:16:44,416 --> 01:16:46,833
Enganáronnos aqueles nos que confiabamos.

814
01:16:47,916 --> 01:16:49,750
Mais esta loita acaba xa!

815
01:16:50,250 --> 01:16:52,791
Atoparemos a forma
de vivir en paz de novo.

816
01:16:53,500 --> 01:16:54,500
Prométovolo!

817
01:16:55,875 --> 01:16:57,916
Agora volvamos á casa!

818
01:17:21,833 --> 01:17:23,541
Pídoche desculpas, fillo.

819
01:17:24,125 --> 01:17:25,125
Por todo.

820
01:17:25,791 --> 01:17:28,125
A bruxa do mar serviu para algo.

821
01:17:28,750 --> 01:17:33,291
Hai unha poción que permite a quen a bebe
tomar a forma do ser que ama.

822
01:17:33,791 --> 01:17:35,749
Vou casar con Sh'eenaz

823
01:17:35,750 --> 01:17:38,208
e gustaríame que asistises.

824
01:17:38,833 --> 01:17:41,083
Pode volverse humana dalgunha forma?

825
01:17:42,625 --> 01:17:45,291
Talvez poida eu abrir o corazón.

826
01:17:45,958 --> 01:17:50,083
Por suposto,
deixaremos todas as desavinzas no pasado.

827
01:17:50,875 --> 01:17:52,916
Adoptará unha nova identidade

828
01:17:53,666 --> 01:17:56,583
e ninguén en Bremervoord saberá nada.

829
01:17:57,541 --> 01:18:00,500
Non te preocupes.
Ocupareime de todo, fillo.

830
01:18:01,291 --> 01:18:02,541
Seguro que si,

831
01:18:03,583 --> 01:18:04,416
pai.

832
01:18:06,791 --> 01:18:07,791
Xaque mate.

833
01:18:32,708 --> 01:18:35,707
Esta é a voda real máis pequena
á que asistín.

834
01:18:35,708 --> 01:18:38,500
Os príncipes non destacan
pola súa moderación.

835
01:18:39,416 --> 01:18:42,333
Cantas menos testemuñas
deste espectáculo, mellor.

836
01:18:42,916 --> 01:18:46,500
Supoño que de certa maneira,
fixeches o teu traballo, bruxo.

837
01:18:47,625 --> 01:18:51,250
Cando ese peixe sexa humana,
a miña liña sucesoria continuará.

838
01:18:51,791 --> 01:18:54,958
A pesar
do teu sentido da moral equivocado.

839
01:19:47,416 --> 01:19:51,624
Desde o momento en que te vin,
o meu corazón pertenceute a ti, Sh'eenaz.

840
01:19:51,625 --> 01:19:55,625
Amosáchesme unha parte de min
que non sabía que existía.

841
01:20:16,250 --> 01:20:17,875
Que fas? Detente!

842
01:20:21,083 --> 01:20:22,790
Demasiado tarde, pai!

843
01:20:22,791 --> 01:20:24,457
Querías que a agachase,

844
01:20:24,458 --> 01:20:26,874
que mentise ao meu reino e a min mesmo.

845
01:20:26,875 --> 01:20:29,082
Todo para satisfacer o teu ego.

846
01:20:29,083 --> 01:20:32,916
Agora téñoo claro.
Aquí xa non queda nada para min.

847
01:21:40,416 --> 01:21:42,415
Isto é culpa túa, bruxo!

848
01:21:42,416 --> 01:21:44,583
O meu reino. O meu legado.

849
01:21:45,083 --> 01:21:47,166
Morrerá comigo.

850
01:21:47,875 --> 01:21:49,833
Se deixase de lado o seu orgullo,

851
01:21:50,416 --> 01:21:52,082
algúns seguirían vivos.

852
01:21:52,083 --> 01:21:55,249
Tiña dous fillos. Agora non ten ningún.

853
01:21:55,250 --> 01:21:57,750
É o legado que merece.

854
01:22:04,041 --> 01:22:07,957
Agloval está disposto a renunciar
á súa vida e a todo o que coñece.

855
01:22:07,958 --> 01:22:12,166
- Espero que tomase a decisión correcta.
- Ti fixeches o mesmo, Julian.

856
01:22:12,666 --> 01:22:14,625
Seguro que o príncipe estará ben.

857
01:22:38,708 --> 01:22:42,082
Ao final,
Agloval conseguiu a súa princesa.

858
01:22:42,083 --> 01:22:45,124
Oxalá este matrimonio traia paz,
como esperaban.

859
01:22:45,125 --> 01:22:47,499
Nunca descubriría a verdade sen ti.

860
01:22:47,500 --> 01:22:49,958
Non é algo que adoite dicir.

861
01:22:51,375 --> 01:22:53,124
Es testudo e cerrado,

862
01:22:53,125 --> 01:22:56,166
mais non hai nada de malo
en ser parte dun equipo.

863
01:22:57,083 --> 01:22:59,166
En confiar noutra persoa.

864
01:22:59,750 --> 01:23:02,082
- Compartir unha vida.
- Xa cho dixen.

865
01:23:02,083 --> 01:23:05,082
Aprendín que é sensato
non confiar nos demais.

866
01:23:05,083 --> 01:23:07,416
Quen dixo que o amor debe ser sensato?

867
01:23:38,750 --> 01:23:39,583
Seino.

868
01:23:40,291 --> 01:23:42,125
Non tes que dicir nada.

869
01:23:43,166 --> 01:23:45,624
Essi, síntoo.

870
01:23:45,625 --> 01:23:47,374
Non o sintas.

871
01:23:47,375 --> 01:23:50,874
Vivín aventuras abondas
para toda unha vida,

872
01:23:50,875 --> 01:23:53,374
mais a vida doutro.

873
01:23:53,375 --> 01:23:56,416
Sempre me preguntei como sería a vida
se marchase.

874
01:23:58,875 --> 01:24:01,208
Mais as razóns polas que me fascinas

875
01:24:02,583 --> 01:24:05,416
son as razóns
polas que non podemos estar xuntos.

876
01:24:06,791 --> 01:24:10,249
Nunca podería domar
o teu corazón de bruxo. Nin quero.

877
01:24:10,250 --> 01:24:11,458
Quero unha familia.

878
01:24:12,083 --> 01:24:14,499
Estabilidade. Paz.

879
01:24:14,500 --> 01:24:18,499
Ese soño parece máis disparatado
ca que un home case cunha serea.

880
01:24:18,500 --> 01:24:20,375
Ti tes un destino maior.

881
01:24:21,166 --> 01:24:24,332
Impórtanche os demais,
aínda que intentes ocultalo.

882
01:24:24,333 --> 01:24:27,332
Cazo monstros e recollo as recompensas.

883
01:24:27,333 --> 01:24:29,499
Para iso crearon os bruxos.

884
01:24:29,500 --> 01:24:34,249
Os humanos cren no destino,
mais cando vives tanto tempo coma min,

885
01:24:34,250 --> 01:24:37,208
sabes que esta canción
non ten pés nin cabeza.

886
01:24:37,791 --> 01:24:39,874
Segues o ritmo para seguir adiante.

887
01:24:39,875 --> 01:24:41,416
Non son coma ti, Essi.

888
01:24:41,916 --> 01:24:44,541
Paréceste máis a min do que imaxinas.

889
01:24:45,041 --> 01:24:48,332
Oxalá o puideses ver.
Talvez o fagas algún día.

890
01:24:48,333 --> 01:24:51,666
Por agora,
Jaskier terá que ser suficiente.

891
01:24:58,208 --> 01:25:02,916
<i>O príncipe sentou á beira do mar
ruborizado pola súa serea.</i>

892
01:25:05,291 --> 01:25:10,083
<i>Intentaron acordar
quen abandonaría o seu fogar.</i>

893
01:25:12,500 --> 01:25:17,082
<i>Un troco por mar.
Un intercambio por terra.</i>

894
01:25:17,083 --> 01:25:20,875
<i>Quen cederá primeiro e cando?</i>

895
01:25:22,291 --> 01:25:27,040
<i>Se a túa meta é o paraíso,
unha vida co teu amor verdadeiro,</i>

896
01:25:27,041 --> 01:25:31,665
<i>sopesa todo o que desexas na vida</i>

897
01:25:31,666 --> 01:25:36,958
<i>e fai un pequeno sacrificio.</i>

898
01:25:39,583 --> 01:25:41,249
Mira para eses dous.

899
01:25:41,250 --> 01:25:43,582
Non se sabe se xogan ou pelexan.

900
01:25:43,583 --> 01:25:48,041
Non todos teñen só dous modos
como a túa amante maldita e ti.

901
01:25:48,625 --> 01:25:52,540
Teño grandes esperanzas para eles.
É un amor novo, mais é amor.

902
01:25:52,541 --> 01:25:54,415
Iso non o dubido,

903
01:25:54,416 --> 01:25:57,624
mais aínda hai perlas,
cobiza e egos feridos.

904
01:25:57,625 --> 01:26:00,999
Os reis e as raíñas din
que velan polos seus herdeiros,

905
01:26:01,000 --> 01:26:05,040
mais aínda non coñecín a ningún
que non valorase máis o seu orgullo

906
01:26:05,041 --> 01:26:06,082
ca o seu fillo.

907
01:26:06,083 --> 01:26:07,416
Oxalá me equivocase.

908
01:26:08,750 --> 01:26:10,999
Normal que sexas tan pouco romántico.

909
01:26:11,000 --> 01:26:12,290
Non é certo.

910
01:26:12,291 --> 01:26:15,540
É que os humanos normais
teñen vidas curtas

911
01:26:15,541 --> 01:26:17,540
e unha memoria aínda máis curta.

912
01:26:17,541 --> 01:26:18,999
Essi é marabillosa,

913
01:26:19,000 --> 01:26:22,790
mais non me entende
coma alguén que vivise tanto coma min.

914
01:26:22,791 --> 01:26:25,874
- Alguén coma...
- Non digas Yennefer.

915
01:26:25,875 --> 01:26:30,625
Vaiamos onde vaiamos, asegurémonos
de que non topamos con ese demo de muller.

916
01:26:32,958 --> 01:26:34,499
- Xa sei!
- Onde?

917
01:26:34,500 --> 01:26:38,124
O recanto máis afastado.
Sen cultura nin comodidades.

918
01:26:38,125 --> 01:26:41,124
Sen motivo
para que esa bruxa mimada estea alí.

919
01:26:41,125 --> 01:26:43,458
Un lugar chamado Caingorn.

920
01:26:44,041 --> 01:26:45,708
Nas Montañas do Dragón.

921
01:26:46,375 --> 01:26:51,208
Onde a aventura agarda!
E Yennefer brilla pola súa ausencia.

922
01:29:59,458 --> 01:30:02,458
Subtítulos: Lorena Pereiras



