1
00:00:02,000 --> 00:00:07,000
Downloaded from
YTS.MX

2
00:00:08,000 --> 00:00:13,000
Official YIFY movies site:
YTS.MX

3
00:00:30,708 --> 00:00:31,541
<i>Si.</i>

4
00:00:32,625 --> 00:00:35,750
<i>Aquí estamos, na cabana onde escribo.</i>

5
00:00:37,000 --> 00:00:39,833
Levo 30 anos nesta cabana.

6
00:00:40,750 --> 00:00:42,958
É importante, antes de comezar,

7
00:00:42,958 --> 00:00:46,375
asegurarse de que estea
todo o que me vai facer falta.

8
00:00:48,083 --> 00:00:49,625
Tabaco, claro.

9
00:00:50,333 --> 00:00:52,208
Café, bombóns.

10
00:00:54,458 --> 00:00:57,958
Sempre teño que ter
un lapis afiado antes de comezar.

11
00:00:59,916 --> 00:01:03,500
Teño seis lapis,
e logo gústame limpar o caderno.

12
00:01:05,666 --> 00:01:07,291
Miren cantas migas de goma.

13
00:01:08,833 --> 00:01:09,666
Xa está.

14
00:01:12,000 --> 00:01:13,875
E logo empézase.

15
00:01:17,208 --> 00:01:20,750
Normalmente hai que facer
algunhas correccións.

16
00:01:23,458 --> 00:01:24,291
Si.

17
00:01:29,250 --> 00:01:30,166
A ver...

18
00:01:34,250 --> 00:01:38,041
Henry Sugar tiña 41 anos,
era solteiro e rico.

19
00:01:38,666 --> 00:01:41,625
Era rico porque seu pai,
que xa morrera, era rico.

20
00:01:41,625 --> 00:01:45,791
E solteiro porque era moi egoísta
para compartir os cartos coa muller.

21
00:01:45,791 --> 00:01:50,291
Medía 1,90 e igual non era
tan guapo como a el lle parecía.

22
00:01:50,291 --> 00:01:52,958
Prestáballe moita atención á roupa.

23
00:01:52,958 --> 00:01:55,250
Facía os traxes nunha xastraría cara,

24
00:01:55,250 --> 00:01:58,666
as camisas nunha camisaría
e os zapatos nunha zapataría.

25
00:01:58,666 --> 00:02:01,583
O barbeiro recortáballe
o pelo cada dez días

26
00:02:01,583 --> 00:02:04,458
e sempre lle facían
a manicura ao mesmo tempo.

27
00:02:04,458 --> 00:02:06,041
Tiña un Ferrari,

28
00:02:06,041 --> 00:02:09,083
que lle custara case tanto
coma unha casa de campo.

29
00:02:10,291 --> 00:02:14,000
Todos os seus amigos
eran ricos e el na vida pegara pau.

30
00:02:15,041 --> 00:02:19,625
Os homes coma Henry Sugar
andan á deriva polo mundo coma as algas.

31
00:02:19,625 --> 00:02:23,375
Non son especialmente malos,
pero tampouco son bos homes.

32
00:02:24,500 --> 00:02:26,458
Forman parte do decorado.

33
00:02:28,416 --> 00:02:30,625
Todos os ricos coma Henry

34
00:02:30,625 --> 00:02:34,958
teñen unha peculiaridade común:
un terrible desexo de seren máis ricos.

35
00:02:35,833 --> 00:02:38,791
Dez millóns nunca chegan a nada,
e 20 tampouco.

36
00:02:38,791 --> 00:02:41,708
Teñen un desexo insaciable de máis cartos

37
00:02:41,708 --> 00:02:45,250
e terror a espertar un día
e non topar nada no banco.

38
00:02:45,250 --> 00:02:48,541
{\an8}Usan varios métodos
para aumentar a súa fortuna.

39
00:02:48,541 --> 00:02:51,333
{\an8}Uns mercan accións
e miran como soben e baixan.

40
00:02:51,333 --> 00:02:56,333
{\an8}Outros mercan terra, arte ou diamantes.
Ou apostan no casino ou aos cabalos.

41
00:02:56,333 --> 00:02:58,458
{\an8}E outros apostan ao que sexa.

42
00:02:58,458 --> 00:03:02,541
{\an8}Henry Sugar era un deles,
e non lle torcía o bico a trampear.

43
00:03:03,500 --> 00:03:08,166
{\an8}Unha fin de semana de verán,
Henry foi ver a Sir William W. ao campo.

44
00:03:08,166 --> 00:03:10,583
A casa era espléndida, tamén o xardín.

45
00:03:10,583 --> 00:03:14,041
Pero cando Henry chegou
aquel sábado, estaba arroiando.

46
00:03:14,041 --> 00:03:17,541
O anfitrión e os outros convidados
pasaron a tarde xogando,

47
00:03:17,541 --> 00:03:21,250
mentres Henry miraba
como petaba a choiva na ventá.

48
00:03:21,791 --> 00:03:24,375
Henry saíu do salón
e foi cara ao vestíbulo.

49
00:03:25,250 --> 00:03:29,375
Paseou pola casa sen rumbo
e finalmente entrou na biblioteca.

50
00:03:32,458 --> 00:03:36,125
O pai de William coleccionaba libros
e as paredes da biblioteca

51
00:03:36,125 --> 00:03:39,375
estaban cubertas de libros
anticuados e encadernados.

52
00:03:39,375 --> 00:03:40,791
Non lle interesaban.

53
00:03:40,791 --> 00:03:44,291
Só lía novela policial e negra,
e alí non había diso.

54
00:03:44,291 --> 00:03:45,333
Xa ía marchar

55
00:03:45,333 --> 00:03:48,916
cando os seus ollos
se pousaron en algo diferente.

56
00:03:48,916 --> 00:03:53,125
Era delgadiño, non o vería
se non destacase entre os outros libros.

57
00:03:53,625 --> 00:03:54,958
Colleuno do estante.

58
00:03:55,458 --> 00:03:59,291
Era só un libro de exercicios
dos que usan os nenos na escola.

59
00:03:59,291 --> 00:04:01,708
A cuberta era azul, sen nada escrito.

60
00:04:01,708 --> 00:04:05,750
A primeira páxina, escrita á man
con letra negra e clara, dicía:

61
00:04:05,750 --> 00:04:08,625
INFORME SOBRE IMDAD KHAN
O HOME QUE VE SEN OLLOS

62
00:04:08,625 --> 00:04:12,416
Que estraño! Que raro! Que é isto?

63
00:04:13,291 --> 00:04:16,375
Acomodouse nunha poltrona
e comezou polo principio.

64
00:04:16,875 --> 00:04:19,875
Isto é o que Henry leu
no caderno de exercicios.

65
00:04:25,083 --> 00:04:29,000
Son Z. Z. Chatterjee,
xefe de cirurxía do Hospital de Calcuta.

66
00:04:29,000 --> 00:04:33,291
O 2 de decembro de 1935,
estaba na sala de descanso tomando un té.

67
00:04:33,291 --> 00:04:37,000
Estaban outros tres doutores:
Marshall, Mitra e Macfarlane.

68
00:04:37,000 --> 00:04:38,500
Chamaron á porta.

69
00:04:38,500 --> 00:04:39,750
"Adiante", dixen.

70
00:04:41,541 --> 00:04:44,375
Desculpen, señores.
Pódolles pedir un favor?

71
00:04:44,958 --> 00:04:46,500
Este cuarto é privado.

72
00:04:46,500 --> 00:04:48,750
Xa sei. Perdón por entrar así,

73
00:04:48,750 --> 00:04:51,875
pero teño algo
interesante para mostrarlles.

74
00:04:51,875 --> 00:04:54,208
Estabamos enfadados e non contestamos.

75
00:04:55,250 --> 00:04:59,375
Señores, eu vexo sen usar os ollos.

76
00:05:00,375 --> 00:05:01,666
Pequeno, uns 60 anos,

77
00:05:01,666 --> 00:05:05,375
bigote branco, saíalle
un mato de pelo negro polas orellas.

78
00:05:05,375 --> 00:05:08,291
Aínda que me venden
a cabeza con 50 vendas,

79
00:05:08,291 --> 00:05:10,208
podo lerlles un libro igual.

80
00:05:10,708 --> 00:05:14,291
Parecía dicilo en serio.
A min picoume a curiosidade.

81
00:05:14,291 --> 00:05:15,333
Pase, por favor.

82
00:05:22,166 --> 00:05:26,458
- Cantos dedos mostra o doutor Marshall?
- Sete.

83
00:05:26,458 --> 00:05:27,833
- E agora?
- Nove.

84
00:05:27,833 --> 00:05:29,250
- Agora?
- Tres.

85
00:05:29,250 --> 00:05:30,750
- Agora?
- Tres de novo.

86
00:05:30,750 --> 00:05:31,666
E agora?

87
00:05:32,333 --> 00:05:33,250
Ningún.

88
00:05:34,625 --> 00:05:36,291
Hum. Cal é o truco?

89
00:05:36,791 --> 00:05:40,333
Non ten truco. Aprendín a facelo
tras anos de adestramento.

90
00:05:40,333 --> 00:05:41,708
Que adestramento?

91
00:05:41,708 --> 00:05:44,208
Desculpe, pero iso é asunto privado.

92
00:05:45,208 --> 00:05:46,291
Que quería, entón?

93
00:05:46,291 --> 00:05:49,416
Son dun teatro ambulante.
Chegamos hoxe a Calcuta.

94
00:05:49,416 --> 00:05:52,875
Á noite estreámonos no Royal Palace Hall.

95
00:05:52,875 --> 00:05:54,333
A min preséntanme como:

96
00:05:54,333 --> 00:05:56,708
Imdad Khan, o home que ve sen ollos.

97
00:05:56,708 --> 00:06:00,250
Cando a compañía chega
a unha cidade, vou a un hospital

98
00:06:00,250 --> 00:06:03,791
e pídolles aos médicos
que me venden os ollos a conciencia.

99
00:06:03,791 --> 00:06:06,125
É importante que o fagan doutores

100
00:06:06,125 --> 00:06:08,208
para que non se pense que trampeo.

101
00:06:08,208 --> 00:06:11,041
Logo saio á rúa e fago algo perigoso.

102
00:06:11,041 --> 00:06:12,541
Mirei os outros tres.

103
00:06:12,541 --> 00:06:15,750
Mitra e Macfarlane
tiñan que atender os pacientes.

104
00:06:15,750 --> 00:06:18,541
- Marshall dixo...
- Por que non? Fagámolo ben.

105
00:06:18,541 --> 00:06:20,708
Asegurémonos de que non vexa nada.

106
00:06:20,708 --> 00:06:23,291
Son moi amables. Fagan o que queiran.

107
00:06:23,291 --> 00:06:27,291
Antes de vendalo, cubrímoslle
os ollos con algo suave e duro.

108
00:06:27,291 --> 00:06:29,500
- Masa?
- Xusto. Vai á panadaría.

109
00:06:29,500 --> 00:06:31,375
Eu voulle selar as pálpebras.

110
00:06:31,375 --> 00:06:34,000
Levei a Imdad polo corredor ao quirófano.

111
00:06:34,000 --> 00:06:35,291
Déitese aí.

112
00:06:35,291 --> 00:06:37,791
Collín un bote de colodión da lacena.

113
00:06:37,791 --> 00:06:39,916
Vou pegar as pálpebras con isto.

114
00:06:39,916 --> 00:06:41,291
E logo como o quito?

115
00:06:41,291 --> 00:06:44,833
Bótelle alcohol
debaixo das pestanas para disolvelo.

116
00:06:44,833 --> 00:06:48,708
Peche os ollos mentres se pon duro.
Pasaron dous minutos.

117
00:06:48,708 --> 00:06:51,166
"Abra os ollos", dixen. Non daba, claro.

118
00:06:51,166 --> 00:06:55,125
Collín a pasta do doutor Marshall
e pegueilla nun ollo a Imdad.

119
00:06:55,125 --> 00:06:56,416
Enchín toda a cunca

120
00:06:56,416 --> 00:06:59,000
ata que a masa se solapou coa pel.

121
00:06:59,000 --> 00:07:00,750
Fixen o mesmo co outro ollo.

122
00:07:00,750 --> 00:07:02,625
Calquei forte nos bordes.

123
00:07:02,625 --> 00:07:05,583
- É moi incómodo?
- Non, para nada. Grazas.

124
00:07:05,583 --> 00:07:07,458
"Véndao", díxenlle a Marshall.

125
00:07:07,458 --> 00:07:09,041
Teño os dedos pegañentos.

126
00:07:09,041 --> 00:07:11,833
Claro. Poñémoslle isto aquí...

127
00:07:11,833 --> 00:07:15,333
O Dr. Marshall púxolle
algodón sobre a masa dos ollos.

128
00:07:15,333 --> 00:07:16,375
Quedou pegado.

129
00:07:16,375 --> 00:07:17,416
Incorpórese.

130
00:07:18,125 --> 00:07:21,416
O Dr. Marshall púxolle unha venda
de 7 cm na cabeza.

131
00:07:21,416 --> 00:07:23,833
Descúbranme o nariz para respirar.

132
00:07:23,833 --> 00:07:24,833
Claro.

133
00:07:25,833 --> 00:07:28,666
Desculpe, vai quedar algo apertada.

134
00:07:31,250 --> 00:07:32,166
Que tal?

135
00:07:32,166 --> 00:07:33,250
Perfecto.

136
00:07:33,250 --> 00:07:35,708
Parece que tivo unha operación cerebral.

137
00:07:35,708 --> 00:07:36,666
Séntalle ben?

138
00:07:36,666 --> 00:07:37,833
Moi ben.

139
00:07:37,833 --> 00:07:40,916
Felicítoos
polo seu meticuloso traballo, señores.

140
00:07:40,916 --> 00:07:43,583
Imdad Khan ergueuse e dirixiuse á porta.

141
00:07:51,291 --> 00:07:54,500
Manda truco! Viches iso?
Puxo a man xusto no picaporte.

142
00:07:54,500 --> 00:07:55,958
Marshall deixou de rir.

143
00:07:56,541 --> 00:07:59,583
Imdad andaba normal,
bastante rápido, polo corredor.

144
00:07:59,583 --> 00:08:03,000
Seguiámolo a uns cinco metros.
Arrepiaba ver este home

145
00:08:03,000 --> 00:08:06,000
coa cabeza totalmente vendada
andar coma se nada...

146
00:08:06,000 --> 00:08:07,208
"Viuno!", berrei.

147
00:08:07,208 --> 00:08:09,458
Viu ese carro. Isto é incrible!

148
00:08:09,958 --> 00:08:11,333
Marshall non contestou.

149
00:08:11,333 --> 00:08:13,750
Tiña a cara tesa de incredulidade.

150
00:08:14,250 --> 00:08:16,708
Imdad baixou as escaleiras sen problema.

151
00:08:16,708 --> 00:08:18,166
Nin agarrou a varanda.

152
00:08:18,166 --> 00:08:20,625
Subían varias persoas. Vexan a reacción.

153
00:08:21,875 --> 00:08:24,916
No fondo das escaleiras,
virou e saíu á rúa.

154
00:08:25,791 --> 00:08:27,750
Marshall e eu seguímolo de preto.

155
00:08:28,250 --> 00:08:31,333
Abaixo, uns 100 nenos descalzos
berraban e acenaban

156
00:08:31,333 --> 00:08:33,208
cara ao home da cabeza branca.

157
00:08:33,208 --> 00:08:35,500
Saudounos erguendo as dúas mans.

158
00:08:35,500 --> 00:08:38,916
Colleu unha bicicleta,
subiu e fixo un oito no patio.

159
00:08:38,916 --> 00:08:41,708
Os nenos descalzos seguíano,
animándoo e rindo.

160
00:08:41,708 --> 00:08:44,583
Saíu e meteuse
nunha rúa con moito tráfico,

161
00:08:44,583 --> 00:08:47,541
con coches pitando
e indo en todas direccións.

162
00:08:48,083 --> 00:08:49,333
Guiábaa de marabilla.

163
00:08:49,875 --> 00:08:51,333
Vímolo un minuto máis.

164
00:08:51,833 --> 00:08:53,791
Logo virou e perdémolo de vista.

165
00:08:53,791 --> 00:08:57,375
- "Non dou creto", dixo Marshall.
- Non dou creto.

166
00:08:57,375 --> 00:08:58,958
"Eu tampouco", dixen.

167
00:08:58,958 --> 00:09:00,708
Acabamos de ver un milagre.

168
00:09:01,416 --> 00:09:03,875
O resto do día atendín pacientes.

169
00:09:03,875 --> 00:09:06,625
Ás seis da tarde, fun cambiarme ao piso.

170
00:09:06,625 --> 00:09:08,041
Ducheime en auga fría.

171
00:09:08,041 --> 00:09:11,500
Tomei un whisky
na terraza cunha toalla na cintura.

172
00:09:11,500 --> 00:09:14,666
Ás sete menos dez,
cheguei ao Royal Palace Hall.

173
00:09:14,666 --> 00:09:16,000
<i>Durou dúas horas.</i>

174
00:09:16,000 --> 00:09:19,750
Gustoume. O malabarista,
o encantador de serpes, o tragalumes,

175
00:09:19,750 --> 00:09:22,750
o tragasabres que meteu
un estoque ata o estómago.

176
00:09:22,750 --> 00:09:24,666
Con gran fanfarra de trompetas,

177
00:09:24,666 --> 00:09:27,000
Imdad Khan saíu facer o seu número.

178
00:09:27,000 --> 00:09:30,041
Chamaron espectadores
para vendarlle os ollos.

179
00:09:30,041 --> 00:09:32,250
Espetou coitelos arredor dun rapaz

180
00:09:32,250 --> 00:09:34,541
e disparoulle a unha lata na cabeza.

181
00:09:34,541 --> 00:09:38,541
Logo, puxéronlle un barril metálico
por riba da cabeza vendada.

182
00:09:38,541 --> 00:09:42,291
O rapaz púxolle unha agulla
nunha man e un fío na outra.

183
00:09:42,291 --> 00:09:44,708
Puxéronlle unha lupa xigante diante

184
00:09:44,708 --> 00:09:46,375
e, sen dubidar,

185
00:09:46,375 --> 00:09:48,833
meteu o fío polo ollo da agulla.

186
00:09:54,208 --> 00:09:55,416
Quedei pasmado.

187
00:09:57,583 --> 00:10:00,125
No camerino, topei a Imdad sentado,

188
00:10:00,125 --> 00:10:01,625
quitando a maquillaxe.

189
00:10:01,625 --> 00:10:03,500
Ten curiosidade, doutor, non?

190
00:10:03,500 --> 00:10:04,666
"Moita", dixen.

191
00:10:04,666 --> 00:10:08,583
Chamoume a atención o mato
de pelo negro que lle saía das orellas.

192
00:10:08,583 --> 00:10:10,958
Nunca vira nada semellante.

193
00:10:10,958 --> 00:10:13,583
Teño unha proposta. Non son escritor,

194
00:10:13,583 --> 00:10:17,125
pero, se me di como conseguiu
o poder de ver sen ollos,

195
00:10:17,125 --> 00:10:18,833
eu anotareino fielmente

196
00:10:18,833 --> 00:10:23,208
e publicareino no <i>British Medical Journal</i>
ou noutra revista famosa.

197
00:10:23,208 --> 00:10:25,250
Ser máis coñecido axudaríao?

198
00:10:25,250 --> 00:10:27,416
- Axudaríame moito.
- Magnífico.

199
00:10:27,416 --> 00:10:30,333
Uso taquigrafía
para escribir historiais médicos.

200
00:10:30,333 --> 00:10:33,500
Anotei todo o que Imdad me dixo,
palabra por palabra.

201
00:10:33,500 --> 00:10:35,750
Cóntollelo tal como o contou.

202
00:10:37,041 --> 00:10:40,458
TODO O QUE ME DIXO IMDAD AQUELA TARDE
(PALABRA POR PALABRA)

203
00:10:42,708 --> 00:10:45,791
Nacín no estado de Caxemira en 1873.

204
00:10:45,791 --> 00:10:48,958
Meu pai era revisor de tren.

205
00:10:48,958 --> 00:10:52,291
Un día, un mago veu actuar á nosa escola.

206
00:10:52,291 --> 00:10:53,833
Quedei abraiado.

207
00:10:53,833 --> 00:10:58,416
Ás dúas semanas, fuxín cos aforros
cunha compañía de teatro ambulante.

208
00:10:58,416 --> 00:11:01,333
Iso foi no 1886, tiña eu 13 anos.

209
00:11:01,833 --> 00:11:02,916
Durante tres anos,

210
00:11:02,916 --> 00:11:05,500
viaxei coa compañía por todo o Punxab.

211
00:11:05,500 --> 00:11:08,125
Ao final, xa era a atracción principal.

212
00:11:08,125 --> 00:11:14,541
Fun aforrando cartos
ata xuntar máis de 3000 rupias.

213
00:11:14,541 --> 00:11:19,958
Oín falar daquela dun iogui famoso
que adquirira o poder de levitar.

214
00:11:19,958 --> 00:11:21,666
Dicíase que, cando rezaba,

215
00:11:21,666 --> 00:11:25,208
o seu corpo erguíase
ata 45 centímetros do chan.

216
00:11:25,208 --> 00:11:27,250
Polo menos, un efecto tremendo.

217
00:11:28,375 --> 00:11:29,208
Bigote?

218
00:11:31,208 --> 00:11:33,208
Deixei a compañía de teatro

219
00:11:33,208 --> 00:11:36,375
e fun a unha vila na ribeira do Ganxes,

220
00:11:36,375 --> 00:11:38,375
onde dicían que vivía o iogui.

221
00:11:38,375 --> 00:11:40,833
Un día, un viaxeiro mencionou un ermitán

222
00:11:40,833 --> 00:11:44,583
que atopara preto de alí,
na xungla profunda, só.

223
00:11:44,583 --> 00:11:46,000
Iso chegábame.

224
00:11:46,000 --> 00:11:48,166
Larguei alugar un carro de cabalos.

225
00:11:49,125 --> 00:11:50,791
Cando negociaba co cocheiro,

226
00:11:50,791 --> 00:11:53,375
apareceu un home que ía na mesma dirección

227
00:11:53,375 --> 00:11:55,958
e propuxo irmos xuntos, dividindo o custo.

228
00:11:56,458 --> 00:11:59,208
Vaia sortaza tiven!

229
00:11:59,208 --> 00:12:03,708
Falando co acompañante,
souben que era discípulo do grande iogui

230
00:12:03,708 --> 00:12:06,541
e que precisamente
ía visitar o seu mestre.

231
00:12:06,541 --> 00:12:07,500
Eu ceibei:

232
00:12:07,500 --> 00:12:10,416
"Ese é o home que eu busco.
Podo coñecelo?"

233
00:12:10,416 --> 00:12:12,875
O acompañante miroume con calma.

234
00:12:13,375 --> 00:12:15,041
"Iso é imposible", dixo.

235
00:12:15,583 --> 00:12:18,750
Desde aquela,
negouse a contestar as miñas preguntas.

236
00:12:18,750 --> 00:12:21,416
Pero si que souben un pequeno detalle:

237
00:12:21,416 --> 00:12:24,666
a hora do día en que o iogui
comezaba a meditación.

238
00:12:24,666 --> 00:12:29,083
O acompañante acenou
para deter o carro, baixou e marchou.

239
00:12:29,083 --> 00:12:31,666
Fixen que seguía, pero, tras unha curva,

240
00:12:31,666 --> 00:12:33,875
saltei e volvín polo mesmo camiño.

241
00:12:33,875 --> 00:12:36,375
O home xa desaparecera pola xungla.

242
00:12:37,083 --> 00:12:38,750
Oín renxer algo na maleza.

243
00:12:38,750 --> 00:12:41,125
Pensei: "Se non é el, é un tigre,

244
00:12:41,125 --> 00:12:43,750
que se abalanzará sobre min, esnaquizarame

245
00:12:43,750 --> 00:12:46,583
e comerame,
arrancándome a carne a bocados."

246
00:12:48,000 --> 00:12:49,000
Era el.

247
00:12:51,166 --> 00:12:54,625
<i>Non había miga de camiño
por onde ía o home.</i>

248
00:12:54,625 --> 00:12:57,000
<i>Abría paso entre bambús altos</i>

249
00:12:57,000 --> 00:12:58,875
<i>e vexetación mesta e variada.</i>

250
00:12:58,875 --> 00:13:02,875
<i>Eu seguíao con sixilo,
polo menos uns 100 metros por detrás.</i>

251
00:13:02,875 --> 00:13:05,916
<i>Cando o perdía de vista,
que era case sempre,</i>

252
00:13:05,916 --> 00:13:08,458
<i>eu seguía o ruído dos seus pasos.</i>

253
00:13:08,458 --> 00:13:11,750
<i>Media hora durou
o tenso xogo de seguir o líder.</i>

254
00:13:11,750 --> 00:13:14,666
<i>Logo, de súpeto, deixei de oílo.</i>

255
00:13:14,666 --> 00:13:16,083
<i>Parei e escoitei.</i>

256
00:13:16,708 --> 00:13:18,583
<i>De súpeto, a través da maleza,</i>

257
00:13:18,583 --> 00:13:22,541
<i>vin un claro e dúas pequenas cabanas.
O corazón deume un chimpo.</i>

258
00:13:22,541 --> 00:13:26,916
<i>Había unha almofía ao pé da cabana,
e unha alfombra para rezar. Encima,</i>

259
00:13:26,916 --> 00:13:30,916
<i>un gran baobab
con preciosas pólas gordas e frondosas.</i>

260
00:13:31,416 --> 00:13:33,708
Aguantei a gran calor do mediodía

261
00:13:33,708 --> 00:13:36,583
e a calor húmida
e abafante da tarde, agardando.

262
00:13:36,583 --> 00:13:37,958
Preto das cinco,

263
00:13:37,958 --> 00:13:41,250
subín á árbore
e agacheime entre as follas.

264
00:13:41,250 --> 00:13:45,666
Por fin, o iogui saíu da cabana
e sentou coas pernas cruzadas na alfombra.

265
00:13:45,666 --> 00:13:48,250
Os seus movementos eran calmos e mainos.

266
00:13:48,250 --> 00:13:50,791
Puxo as mans nos xeonllos

267
00:13:50,791 --> 00:13:53,041
e respirou profundamente polo nariz,

268
00:13:53,041 --> 00:13:56,875
e xa vin que unha especie
de resplandor se derretía sobre el.

269
00:13:56,875 --> 00:14:00,333
Durante 14 minutos, permaneceu
inmóbil na mesma posición.

270
00:14:00,333 --> 00:14:04,000
Logo, vin, con toda certeza,

271
00:14:04,000 --> 00:14:06,458
<i>o seu corpo erguerse do chan lentamente.</i>

272
00:14:07,666 --> 00:14:11,375
<i>30 cm, 40, 45, 50.</i>

273
00:14:12,166 --> 00:14:13,833
<i>60 cm por riba da alfombra.</i>

274
00:14:14,333 --> 00:14:15,958
<i>Na árbore, dixen para min:</i>

275
00:14:15,958 --> 00:14:19,208
<i>"Aí tes un home sentado no aire."</i>

276
00:14:20,541 --> 00:14:24,458
46 minutos, polo meu reloxo,
estivo suspendido o seu corpo.

277
00:14:24,458 --> 00:14:26,708
Logo baixou á terra amodo,

278
00:14:26,708 --> 00:14:29,333
ata pousar as nádegas na alfombra.

279
00:14:29,333 --> 00:14:31,916
Baixei da árbore e corrín cara a el.

280
00:14:31,916 --> 00:14:34,416
O grande iogui lavaba as mans e os pés.

281
00:14:34,416 --> 00:14:36,583
"Canto tempo levas aí?", preguntou.

282
00:14:36,583 --> 00:14:39,208
Colleu un ladrillo
e tiroumo con tanta forza

283
00:14:39,208 --> 00:14:41,791
que o partiu en dous contra a miña perna.

284
00:14:41,791 --> 00:14:43,958
Aínda teño a cicatriz. Miren.

285
00:14:46,958 --> 00:14:48,708
Isto foi un golpe de sorte.

286
00:14:48,708 --> 00:14:51,916
O iogui non pode perder
o control nin tirar ladrillos.

287
00:14:51,916 --> 00:14:56,250
O vello sentíase humillado, arrepentido
e decepcionado consigo mesmo.

288
00:14:56,250 --> 00:14:59,625
Explicou que,
aínda que non me collería de discípulo,

289
00:14:59,625 --> 00:15:02,541
ensinaríame algo informalmente

290
00:15:02,541 --> 00:15:04,625
para compensarme polo ataque,

291
00:15:04,625 --> 00:15:06,791
que eu tiña ben merecido.

292
00:15:07,291 --> 00:15:08,708
Isto foi no 1890.

293
00:15:09,208 --> 00:15:11,041
Eu tiña case 17 anos.

294
00:15:13,000 --> 00:15:15,250
Que ensinaba o grande iogui?

295
00:15:15,250 --> 00:15:16,500
Isto.

296
00:15:17,000 --> 00:15:18,458
A mente é dispersa.

297
00:15:18,458 --> 00:15:21,541
Ocúpase de miles de cousas á vez.

298
00:15:21,541 --> 00:15:24,250
Cousas que ves, que oes e que cheiras.

299
00:15:24,250 --> 00:15:27,291
Cousas que pensas
e cousas que non queres pensar.

300
00:15:27,291 --> 00:15:29,250
Debes aprender a concentrarte

301
00:15:29,250 --> 00:15:33,125
en visualizar só unha cousa, nada máis.

302
00:15:33,125 --> 00:15:35,958
Esforzándote, podes concentrar a mente

303
00:15:35,958 --> 00:15:37,458
no obxecto que escollas

304
00:15:37,458 --> 00:15:39,541
durante uns tres minutos e medio.

305
00:15:39,541 --> 00:15:42,625
Isto leva uns 20 anos
de intensa dedicación diaria.

306
00:15:42,625 --> 00:15:44,291
"Vinte anos!", berrei.

307
00:15:44,291 --> 00:15:46,083
Vinte anos ou máis.

308
00:15:46,083 --> 00:15:48,875
É o que leva normalmente,
se é que o dás feito.

309
00:15:48,875 --> 00:15:50,541
Daquela xa serei vello!

310
00:15:50,541 --> 00:15:53,583
Depende.
A algúns lévalles dez, a outros 30.

311
00:15:53,583 --> 00:15:56,333
En contadas ocasións, vén algunha persoa

312
00:15:56,333 --> 00:16:01,250
que adquire o poder nun ano ou dous,
pero é un entre un millón, non ti.

313
00:16:01,250 --> 00:16:03,625
Tan difícil é concentrar a mente...?

314
00:16:03,625 --> 00:16:08,166
Case imposible. Inténtao, xa verás.
Pecha os ollos e pensa en algo.

315
00:16:08,166 --> 00:16:11,416
Pensa só nun obxecto.
Visualízao, veo diante de ti.

316
00:16:11,416 --> 00:16:13,541
Nuns segundos, a mente dispérsase.

317
00:16:13,541 --> 00:16:16,208
Coaranse
outros pensamentos. É moi difícil.

318
00:16:16,708 --> 00:16:18,625
Así falou o grande sabio iogui.

319
00:16:20,791 --> 00:16:23,083
<i>Entón, comecei os exercicios.</i>

320
00:16:24,166 --> 00:16:25,458
Á noite, sentaba,

321
00:16:25,458 --> 00:16:28,916
pechaba os ollos e visualizaba
a persoa que máis quería,

322
00:16:28,916 --> 00:16:32,416
que era meu irmán máis vello,
que morreu aos dez anos.

323
00:16:32,416 --> 00:16:36,208
Concentrábame na súa cara,
pero, se se me dispersaba a mente,

324
00:16:36,208 --> 00:16:39,166
paraba o exercicio, descansaba uns minutos

325
00:16:39,166 --> 00:16:40,541
e volvíao intentar.

326
00:16:40,541 --> 00:16:45,208
<i>Practicando diariamente cinco anos,
dábame concentrado só na cara de meu irmán</i>

327
00:16:45,208 --> 00:16:46,875
<i>durante un minuto e medio.</i>

328
00:16:46,875 --> 00:16:48,166
Ía mellorando.

329
00:16:51,791 --> 00:16:52,625
Mentres tanto,

330
00:16:52,625 --> 00:16:55,833
comecei a gañar cartos
facendo prestidixitación.

331
00:16:55,833 --> 00:16:58,041
Dánseme ben os xogos de man,

332
00:16:58,041 --> 00:17:00,708
pero nunca deixei de facer os exercicios.

333
00:17:00,708 --> 00:17:04,583
Á noite, onde estivese,
sentaba nun curruncho tranquilo

334
00:17:04,583 --> 00:17:07,333
e concentraba a mente
na cara de meu irmán.

335
00:17:07,333 --> 00:17:10,583
Ás veces, acendía
unha candea e miraba a chama.

336
00:17:10,583 --> 00:17:14,166
A chama dunha candea,
como saben, ten tres partes distintas:

337
00:17:14,166 --> 00:17:16,541
o amarelo na cima, o malva abaixo,

338
00:17:16,541 --> 00:17:17,916
e o negro dentro.

339
00:17:17,916 --> 00:17:20,833
Poñía a candea a 40 cm da cara,

340
00:17:20,833 --> 00:17:22,458
xusto á altura dos ollos,

341
00:17:22,458 --> 00:17:27,041
para non mover nin un músculo do ollo
ao erguer ou baixar a vista.

342
00:17:27,041 --> 00:17:31,125
Miraba a parte negra do centro
ata desaparecer o que tiña arredor.

343
00:17:31,125 --> 00:17:35,000
Logo, pechaba os ollos
e concentrábame na cara de meu irmán.

344
00:17:36,000 --> 00:17:40,750
En 1907, aos 34 anos,
podíame concentrar tres minutos

345
00:17:40,750 --> 00:17:43,125
sen dispersárseme a mente en absoluto.

346
00:17:43,125 --> 00:17:46,458
Daquela decateime
de que tiña a capacidade,

347
00:17:46,458 --> 00:17:48,291
era só unha rara intuición,

348
00:17:48,291 --> 00:17:51,625
de que, pechando os ollos
e mirando con atención algo,

349
00:17:51,625 --> 00:17:55,583
moi intensamente, podía ver
o contorno do obxecto que miraba.

350
00:17:55,583 --> 00:17:57,583
Pensei no que me dixera o iogui:

351
00:17:57,583 --> 00:18:01,125
"Hai relixiosos
que se concentran tan intensamente

352
00:18:01,125 --> 00:18:03,500
que poden ver sen usar os ollos."

353
00:18:04,166 --> 00:18:08,500
Todas as noites, tras facer
os exercicios coa chama da candea,

354
00:18:08,500 --> 00:18:13,875
tomaba un té, vendaba os ollos, sentaba
na cadeira e tentaba ver sen os ollos.

355
00:18:13,875 --> 00:18:16,125
Comecei cunha baralla de cartas.

356
00:18:16,125 --> 00:18:18,333
Estudábaas por detrás e adiviñábaas.

357
00:18:18,333 --> 00:18:20,666
Acertaba o 60 % das veces.

358
00:18:20,666 --> 00:18:22,958
Logo, merquei mapas e cartas náuticas

359
00:18:22,958 --> 00:18:24,750
e colgueinas no meu cuarto.

360
00:18:24,750 --> 00:18:29,083
{\an8}Pasaba horas mirándoas cos ollos vendados,
tentando ler a letra pequena.

361
00:18:29,083 --> 00:18:33,291
Todas as noites, durante oito anos,
seguín exercitándome nisto.

362
00:18:33,291 --> 00:18:35,916
En 1915, podía ler un libro enteiro,

363
00:18:35,916 --> 00:18:38,083
de cabo a rabo, cos ollos vendados.

364
00:18:38,083 --> 00:18:39,291
Conseguírao!

365
00:18:39,291 --> 00:18:41,291
Por fin, tiña ese poder.

366
00:18:42,875 --> 00:18:45,583
Empecei a facelo nas miñas actuacións.

367
00:18:45,583 --> 00:18:48,791
Á xente gustáballe,
pero ninguén cría que fose certo.

368
00:18:48,791 --> 00:18:52,333
Ata os doutores,
que me vendaban os ollos a conciencia,

369
00:18:52,333 --> 00:18:55,041
se negan a crer
que se poida ver sen ollos.

370
00:18:55,583 --> 00:18:58,708
Esquecen outros xeitos
de enviar imaxes ao cerebro.

371
00:18:58,708 --> 00:19:00,208
Imdad Khan calou.

372
00:19:00,208 --> 00:19:01,208
Estaba canso.

373
00:19:01,208 --> 00:19:02,791
"Que xeitos?", preguntei.

374
00:19:04,833 --> 00:19:06,416
A verdade é que non sei.

375
00:19:08,083 --> 00:19:10,625
A visión faina outra parte do corpo.

376
00:19:11,125 --> 00:19:12,041
Que parte?

377
00:19:22,166 --> 00:19:23,666
Aquel día non fun á cama.

378
00:19:23,666 --> 00:19:26,833
Este home obrigaría
os científicos a facer piruetas.

379
00:19:26,833 --> 00:19:28,916
Debe ser o home vivo máis valioso.

380
00:19:28,916 --> 00:19:32,625
Tiña que atopar por que medio,
biolóxico, químico ou máxico,

381
00:19:32,625 --> 00:19:35,416
podía enviarse a imaxe
ao cerebro sen os ollos.

382
00:19:35,416 --> 00:19:38,833
Os cegos poderían ver, os xordos oír.
Quen sabe que máis?

383
00:19:38,833 --> 00:19:41,541
"Este home non se pode ignorar", pensei.

384
00:19:41,541 --> 00:19:45,333
Comecei a transcribir
todo o que Imdad me dixera aquela noite.

385
00:19:45,333 --> 00:19:47,333
Escribín cinco horas seguidas.

386
00:19:50,250 --> 00:19:53,750
Ás oito da mañá seguinte
rematei a parte máis importante:

387
00:19:53,750 --> 00:19:55,083
as páxinas que leron.

388
00:19:55,083 --> 00:20:00,416
Non vin o Dr. Marshall ata a hora do té.
Díxenlle o que puiden en dez minutos.

389
00:20:00,416 --> 00:20:02,916
Hoxe ao teatro. Non o podemos perder.

390
00:20:02,916 --> 00:20:04,291
Vou contigo.

391
00:20:04,291 --> 00:20:09,125
Ás 6:45, fomos ao Royal Palace Hall.
Aparquei o coche e fomos a pé ao teatro.

392
00:20:09,625 --> 00:20:11,250
"Algo non cadra", dixen.

393
00:20:11,250 --> 00:20:13,875
Non había ninguén fóra,
as portas pechadas.

394
00:20:13,875 --> 00:20:17,666
O cartel do show estaba alí,
pero alguén escribira por riba:

395
00:20:17,666 --> 00:20:19,833
"Cancélase a actuación de hoxe."

396
00:20:20,958 --> 00:20:24,208
Pregunteille a un porteiro vello:
"¿Que pasou?"

397
00:20:24,208 --> 00:20:26,416
- Morreu alguén.
- Quen?

398
00:20:26,416 --> 00:20:27,958
Eu xa o sabía.

399
00:20:27,958 --> 00:20:30,125
O home que ve sen os ollos.

400
00:20:30,708 --> 00:20:31,833
"Como?", berrei.

401
00:20:32,333 --> 00:20:34,416
Foi durmir e non espertou máis.

402
00:20:35,291 --> 00:20:36,416
Cousas que pasan.

403
00:20:39,750 --> 00:20:41,416
Volvemos amodo para o coche.

404
00:20:46,291 --> 00:20:48,500
Sentín unha enorme tristura e rabia.

405
00:20:48,500 --> 00:20:52,500
Non debín perdelo de vista,
debinlle dar cama e coidados.

406
00:20:52,500 --> 00:20:54,125
Imdad Khan facía milagres.

407
00:20:54,125 --> 00:20:58,333
Comunicábase con forzas misteriosas
fóra do alcance da xente normal.

408
00:20:58,333 --> 00:20:59,625
Agora estaba morto.

409
00:21:00,208 --> 00:21:01,833
"Acabouse", dixo Marshall.

410
00:21:02,625 --> 00:21:03,541
Acabouse.

411
00:21:04,625 --> 00:21:05,625
"Si", dixen eu.

412
00:21:06,833 --> 00:21:07,750
Acabouse.

413
00:21:12,708 --> 00:21:17,500
Esta é unha crónica verdadeira e fiel
das miñas dúas reunións con Imdad Khan.

414
00:21:20,458 --> 00:21:21,625
Vaia, vaia!

415
00:21:22,708 --> 00:21:24,791
Isto é moi interesante.

416
00:21:26,291 --> 00:21:28,541
Este dato é fantástico.

417
00:21:29,958 --> 00:21:31,458
Poderíame cambiar a vida.

418
00:21:51,125 --> 00:21:53,541
O dato a que se refería Henry

419
00:21:53,541 --> 00:21:57,333
era que Imdad Khan aprendera
a identificar as cartas

420
00:21:57,333 --> 00:21:58,833
mirándoas polo dorso.

421
00:21:58,833 --> 00:22:01,583
Sendo, como se dixo, un xogador trampón,

422
00:22:01,583 --> 00:22:04,666
Henry decatouse
de que podía gañar unha fortuna.

423
00:22:05,666 --> 00:22:07,500
Baixou ao cuarto do mordomo

424
00:22:07,500 --> 00:22:10,291
e pediu unha candea,
un candeeiro e unha regra.

425
00:22:10,291 --> 00:22:13,916
Foi ao seu cuarto, pechou porta
e persianas e apagou a luz.

426
00:22:13,916 --> 00:22:16,791
Puxo a candea no toucador
e colleu unha cadeira.

427
00:22:16,791 --> 00:22:20,083
Viu que os ollos lle quedaban
xusto á altura da mecha.

428
00:22:20,666 --> 00:22:24,000
Coa regra,
colocou a cara a 40 cm da candea,

429
00:22:24,000 --> 00:22:25,625
como se indica no libro.

430
00:22:25,625 --> 00:22:29,125
Imdad Khan visualizaba
a cara da persoa que máis quería,

431
00:22:29,125 --> 00:22:31,666
que, no seu caso, era o seu finado irmán.

432
00:22:31,666 --> 00:22:33,458
Henry non tiña irmáns.

433
00:22:34,125 --> 00:22:37,041
Entón, decidiu
visualizar a súa propia cara.

434
00:22:43,750 --> 00:22:46,875
Cando Henry miraba
a zona negra do centro da chama,

435
00:22:46,875 --> 00:22:48,583
pasou algo extraordinario.

436
00:22:48,583 --> 00:22:51,791
A mente quedoulle en branco,
o cerebro inmóbil,

437
00:22:51,791 --> 00:22:55,083
e, de súpeto, sentiu
que o seu corpo estaba encerrado,

438
00:22:55,083 --> 00:22:56,000
comodamente,

439
00:22:56,000 --> 00:22:58,708
naquela pequena zona negra
desa nada ardente.

440
00:22:59,333 --> 00:23:01,500
Certo que só durou 15 segundos.

441
00:23:01,500 --> 00:23:03,791
Logo, estivese onde estivese,

442
00:23:03,791 --> 00:23:07,291
esforzouse por practicar
coa candea cinco veces ao día.

443
00:23:07,291 --> 00:23:11,583
Por primeira vez,
púxose a facer algo con entusiasmo

444
00:23:11,583 --> 00:23:13,583
e fixo progresos considerables.

445
00:23:14,166 --> 00:23:15,166
Tras seis meses,

446
00:23:15,166 --> 00:23:18,625
concentrábase na imaxe
da súa cara durante tres minutos

447
00:23:18,625 --> 00:23:21,125
sen que lle pasase pola cabeza nada máis.

448
00:23:21,625 --> 00:23:23,166
"Son eu", pensaba Henry.

449
00:23:23,166 --> 00:23:27,791
Son un entre un millón coa capacidade
de adquirir poderes de ioga moi rápido.

450
00:23:28,375 --> 00:23:31,375
Ao cabo dun ano,
pasaba de cinco minutos e medio.

451
00:23:32,333 --> 00:23:33,458
Xa chegara a hora.

452
00:23:37,583 --> 00:23:39,958
{\an8}Salón de Henry en Londres. Medianoite.

453
00:23:39,958 --> 00:23:44,125
Treme de emoción cando, por primeira vez,
coloca a baralla boca abaixo

454
00:23:44,125 --> 00:23:46,125
e concéntrase na primeira carta.

455
00:23:46,125 --> 00:23:49,875
O único que ve é o deseño
de liñas finas e vermellas do dorso,

456
00:23:49,875 --> 00:23:52,750
quizais o deseño de cartas
máis común do mundo.

457
00:23:52,750 --> 00:23:56,375
Agora concéntrase no outro lado da carta.

458
00:23:56,375 --> 00:24:00,541
Concéntrase intensamente
na cara invisible do outro lado da carta.

459
00:24:00,541 --> 00:24:03,625
Pasan trinta segundos.
Un minuto, dous, tres.

460
00:24:03,625 --> 00:24:04,916
Non move un músculo.

461
00:24:04,916 --> 00:24:07,500
A súa concentración é absoluta.

462
00:24:07,500 --> 00:24:09,500
Visualiza o reverso da carta.

463
00:24:09,500 --> 00:24:12,250
Ningún outro pensamento
lle pode vir á cabeza.

464
00:24:12,250 --> 00:24:14,375
No cuarto minuto, ocorre algo.

465
00:24:14,375 --> 00:24:16,333
De xeito máxico, pero claro,

466
00:24:16,333 --> 00:24:20,250
unha mancha negra vólvese unha pica,
un garabato vólvese un cinco.

467
00:24:20,250 --> 00:24:21,416
O cinco de picas.

468
00:24:21,916 --> 00:24:25,000
Cos dedos tremendo,
colle a carta e dálle a volta.

469
00:24:26,166 --> 00:24:27,291
"Conseguino", dixo.

470
00:24:28,416 --> 00:24:32,083
Henry obsesiónase. Só sae
da casa para mercar comida e bebida.

471
00:24:32,583 --> 00:24:36,583
Pasa o día, e ás veces a noite,
enriba das cartas co cronómetro,

472
00:24:36,583 --> 00:24:38,875
reducindo o tempo, segundo a segundo.

473
00:24:38,875 --> 00:24:41,791
Nun mes, minuto e medio.
Seis meses, 20 segundos.

474
00:24:41,791 --> 00:24:43,708
Sete meses máis, dez segundos.

475
00:24:43,708 --> 00:24:45,000
O obxectivo é cinco.

476
00:24:45,000 --> 00:24:47,708
Se non dá visto a carta en cinco segundos,

477
00:24:47,708 --> 00:24:49,750
non terá éxito nos casinos.

478
00:24:50,250 --> 00:24:53,500
Canto máis se achega,
máis difícil é acadar o obxectivo.

479
00:24:54,083 --> 00:24:58,166
En catro semanas pasa de dez a nove
segundos. En cinco de nove a oito.

480
00:24:58,166 --> 00:25:02,375
Non lle importa traballar duro.
Fai doce horas seguidas sen problema.

481
00:25:02,375 --> 00:25:04,791
Sabe que ao final o conseguirá.

482
00:25:04,791 --> 00:25:07,375
Os últimos dous segundos
lévanlle 11 meses.

483
00:25:07,375 --> 00:25:09,041
Pero un sábado á tarde...

484
00:25:16,750 --> 00:25:20,583
Cinco segundos. Pasa toda a baralla,
cronometrando cada carta.

485
00:25:20,583 --> 00:25:24,458
Cinco segundos,
cinco segundos, cinco segundos.

486
00:25:25,541 --> 00:25:27,708
Canto tempo lle levou acadalo?

487
00:25:28,666 --> 00:25:31,208
Tres anos e tres meses
de esforzo constante.

488
00:25:33,208 --> 00:25:35,666
Había máis de 100 casinos en Londres.

489
00:25:35,666 --> 00:25:38,833
Henry era socio de dez.
Lord's House era o favorito.

490
00:25:40,041 --> 00:25:42,875
O mellor do país,
nunha gran mansión xeorxiana.

491
00:25:42,875 --> 00:25:43,916
Boas, Sr. Sugar.

492
00:25:43,916 --> 00:25:46,916
...dixo o home
cuxo traballo era non esquecer caras.

493
00:25:46,916 --> 00:25:50,125
Subiu pola marabillosa
escaleira ata a caixa.

494
00:25:50,125 --> 00:25:52,416
Fixo un cheque de 10 000 libras.

495
00:25:52,416 --> 00:25:56,500
Mulleres gordas rodeaban a ruleta,
coma galiñas arredor do comedeiro.

496
00:25:56,500 --> 00:25:59,583
Homes con puro
e cara encarnada contaban as fichas,

497
00:25:59,583 --> 00:26:01,500
con ollos brillantes de cobiza.

498
00:26:02,541 --> 00:26:03,375
Raro.

499
00:26:03,375 --> 00:26:07,416
Por primeira vez, Henry mirou
con desagrado esa horrible xente rica.

500
00:26:07,916 --> 00:26:12,125
Henry buscou unha cadeira libre
nunha mesa de <i>blackjack.</i>

501
00:26:12,125 --> 00:26:14,916
O <i>croupier</i> colleu a placa
e meteuna nun burato.

502
00:26:15,416 --> 00:26:18,458
Era noveiro, de ollos negros e pel pálida.

503
00:26:18,458 --> 00:26:20,791
Non sorría e só falaba o necesario.

504
00:26:20,791 --> 00:26:23,583
Tiña mans delgadas e aritmética nos dedos.

505
00:26:23,583 --> 00:26:27,083
Colleu unha manda de fichas
de 25 libras e púxoas na mesa.

506
00:26:27,083 --> 00:26:29,791
Non as contou.
Eses dedos non se trabucaban.

507
00:26:29,791 --> 00:26:31,250
Púxoas fronte a Henry.

508
00:26:31,250 --> 00:26:32,708
Ao colocar as fichas,

509
00:26:32,708 --> 00:26:34,875
mirou a primeira carta da baralla.

510
00:26:34,875 --> 00:26:38,375
En cinco segundos viu un dez.
Puxo oito fichas, 200 libras,

511
00:26:38,375 --> 00:26:40,583
o máximo permitido en Lord's House.

512
00:26:40,583 --> 00:26:43,083
Saíulle o dez. A segunda era un nove.

513
00:26:43,083 --> 00:26:44,333
Dezanove en total.

514
00:26:44,333 --> 00:26:45,458
Con 19, plantas.

515
00:26:45,458 --> 00:26:49,083
Paras e agardas que a banca
non teña 20 ou 21. Clarísimo.

516
00:26:49,083 --> 00:26:51,791
- Ao chegar a Henry, o <i>croupier</i> dixo...
- 19.

517
00:26:51,791 --> 00:26:54,333
Pasou ao seguinte. "Espere", dixo Henry.

518
00:26:54,333 --> 00:26:55,958
O <i>croupier</i> volveu a Henry.

519
00:26:55,958 --> 00:26:58,333
Ergueu as cellas e mirouno.

520
00:26:58,333 --> 00:27:00,583
- Pide carta con 19?
- ...preguntou.

521
00:27:00,583 --> 00:27:04,208
Só había dúas cartas
coas que non se pasaría, o as e o dous.

522
00:27:04,208 --> 00:27:08,250
Só un parvo se arriscaría a pedir
carta con 19, con 200 libras alí.

523
00:27:08,250 --> 00:27:11,375
Víase o revés da seguinte.
O <i>croupier</i> non a tocara.

524
00:27:11,375 --> 00:27:14,833
"Si, outra carta", dixo Henry.
O <i>croupier</i> deulla.

525
00:27:14,833 --> 00:27:18,083
O dous de trevos aterrou
á beira do dez e o nove.

526
00:27:18,083 --> 00:27:19,708
- 21.
- ...dixo o <i>croupier.</i>

527
00:27:19,708 --> 00:27:21,750
Mirou a cara de Henry

528
00:27:21,750 --> 00:27:24,583
e detívose nela, calado, atento, abraiado.

529
00:27:25,750 --> 00:27:29,208
Henry descolocárao.
Case ninguén pide carta con 19.

530
00:27:29,208 --> 00:27:33,500
El fíxoo cunha tranquilidade
e unha seguridade abraiantes, e gañou.

531
00:27:34,083 --> 00:27:37,166
Mirou o <i>croupier</i>
e decatouse de que se trabucara.

532
00:27:37,166 --> 00:27:39,208
Chamara a atención. "Desculpe."

533
00:27:39,708 --> 00:27:41,000
Iso nunca máis.

534
00:27:41,000 --> 00:27:44,125
Ten que ter tino,
e mesmo deixarse perder ás veces.

535
00:27:44,125 --> 00:27:45,458
A partida seguiu.

536
00:27:45,458 --> 00:27:49,583
Tiña tanta vantaxe que lle custaba
gañar só unha cantidade razoable.

537
00:27:49,583 --> 00:27:52,416
Nunha hora, gañara
30 000 libras. Aí parou.

538
00:27:52,416 --> 00:27:54,250
Podería ben ser un millón.

539
00:27:54,958 --> 00:27:55,791
Grazas.

540
00:27:56,291 --> 00:27:58,541
Henry agora era capaz de facer cartos

541
00:27:58,541 --> 00:28:01,250
máis rápido ca ninguén no mundo enteiro.

542
00:28:03,791 --> 00:28:04,625
Interesante.

543
00:28:09,166 --> 00:28:11,333
Se esta historia fose inventada,

544
00:28:11,333 --> 00:28:15,583
cumpriría inventar un final
emocionante e con sorpresa.

545
00:28:15,583 --> 00:28:17,250
Algo dramático e inusual.

546
00:28:17,250 --> 00:28:20,416
Por exemplo, Henry
podía ir contar o diñeiro á casa.

547
00:28:20,416 --> 00:28:23,333
Mentres o conta,
podía de súpeto sentirse mal.

548
00:28:23,333 --> 00:28:24,875
Dóelle o peito.

549
00:28:25,958 --> 00:28:28,333
Decide ir para a cama e quita a roupa.

550
00:28:28,333 --> 00:28:30,250
Vai espido coller o pixama.

551
00:28:30,250 --> 00:28:33,541
Pasa por diante do espello
de corpo enteiro e para.

552
00:28:33,541 --> 00:28:36,541
Polo costume, empeza a concentrarse.

553
00:28:36,541 --> 00:28:38,916
De súpeto, ve a través da súa pel.

554
00:28:38,916 --> 00:28:41,458
Coma os raios X, pero mellor. Ve todo.

555
00:28:41,458 --> 00:28:43,666
Arterias, veas, o sangue.

556
00:28:43,666 --> 00:28:46,416
Fígado, riles, intestinos.
Ve bater o corazón.

557
00:28:46,916 --> 00:28:48,708
Mira onde lle doe no peito

558
00:28:48,708 --> 00:28:52,958
e ve un vulto na vea grande
que vai ao corazón no lado dereito.

559
00:28:52,958 --> 00:28:56,000
Un coágulo de sangue.
Ao primeiro, parece parado.

560
00:28:56,000 --> 00:28:59,166
Logo móvese,
pero moi pouco, só un milímetro.

561
00:28:59,166 --> 00:29:01,708
O sangue empuxa por detrás e pasa,

562
00:29:01,708 --> 00:29:03,083
e o coágulo móvese.

563
00:29:03,083 --> 00:29:06,166
Avanza un centímetro.
Henry mira, horrorizado.

564
00:29:06,166 --> 00:29:09,666
Sabe que un coágulo grande
solto circulando pola vea

565
00:29:09,666 --> 00:29:11,125
chegará ao corazón.

566
00:29:11,125 --> 00:29:12,250
Vai morrer.

567
00:29:12,750 --> 00:29:16,416
Non é mal final de ficción,
pero isto non é ficción, é real.

568
00:29:16,416 --> 00:29:19,333
O que non é certo é o nome,
non era Henry Sugar.

569
00:29:19,333 --> 00:29:22,333
O seu nome
había que protexelo, e aínda hai.

570
00:29:22,833 --> 00:29:24,875
Á parte diso, é un feito real.

571
00:29:24,875 --> 00:29:27,833
Como é real, o final ten que ser certo.

572
00:29:28,333 --> 00:29:29,583
Isto é o que pasou.

573
00:29:33,958 --> 00:29:36,875
Henry paseou unha hora.
A noite estaba agradable,

574
00:29:36,875 --> 00:29:38,625
a cidade seguía esperta.

575
00:29:38,625 --> 00:29:41,625
Notaba o feixe de billetes
no peto da chaqueta.

576
00:29:42,125 --> 00:29:43,500
Púxolle a man encima.

577
00:29:43,500 --> 00:29:47,708
Moitos cartos por unha hora de traballo.
Pero estaba perplexo.

578
00:29:48,208 --> 00:29:51,583
Non entendía por que non estaba
máis contento polo éxito.

579
00:29:51,583 --> 00:29:56,041
Se isto pasase hai tres anos,
antes do ioga, tolearía de contento.

580
00:29:56,041 --> 00:29:58,666
Iría correndo celebralo
a un local nocturno.

581
00:29:58,666 --> 00:30:00,416
Henry non estaba ledo.

582
00:30:00,916 --> 00:30:02,083
Estaba triste.

583
00:30:02,083 --> 00:30:04,916
Sempre que apostaba,
estaba seguro de gañar.

584
00:30:04,916 --> 00:30:07,666
Non había emoción, suspense nin perigo.

585
00:30:08,166 --> 00:30:11,083
Sabía que podía viaxar
polo mundo facendo millóns.

586
00:30:11,083 --> 00:30:12,791
Pero sería divertido?

587
00:30:12,791 --> 00:30:17,333
Ademais, ¿non era posible
que a adquisición dos poderes do ioga

588
00:30:17,333 --> 00:30:20,416
cambiase totalmente
a súa actitude ante a vida?

589
00:30:21,041 --> 00:30:22,041
Era posible.

590
00:30:22,750 --> 00:30:25,541
Ao día seguinte,
Henry espertou tarde, ergueuse,

591
00:30:25,541 --> 00:30:28,916
viu o enorme feixe de billetes
no toucador e...

592
00:30:29,416 --> 00:30:30,458
{\an8}rexeitouno.

593
00:30:54,500 --> 00:30:55,333
Eh?

594
00:30:55,333 --> 00:30:58,875
Bos días, señor.
É para vostede, é un presente.

595
00:30:58,875 --> 00:30:59,791
Pero...

596
00:31:01,000 --> 00:31:01,833
Un que?

597
00:31:02,625 --> 00:31:03,958
Métao no peto.

598
00:31:05,458 --> 00:31:06,291
Vale.

599
00:31:15,208 --> 00:31:16,250
Que é?

600
00:31:16,250 --> 00:31:18,041
- Son cartos.
- Cóllanos.

601
00:31:24,583 --> 00:31:25,416
Ei!

602
00:31:28,875 --> 00:31:29,833
Veña...

603
00:32:04,541 --> 00:32:05,708
Soou o timbre.

604
00:32:05,708 --> 00:32:07,625
Que demo fai?

605
00:32:07,625 --> 00:32:10,000
Perdón, estaba repartindo cartos.

606
00:32:10,000 --> 00:32:11,500
Armou un disturbio.

607
00:32:11,500 --> 00:32:15,000
Tirei cartos. Perdón.
Non o fago máis. Axiña marcharán.

608
00:32:15,000 --> 00:32:18,000
O policía sacou un billete de 50 libras.

609
00:32:18,000 --> 00:32:21,333
- Ah, colleu un.
- É unha proba. De onde vén o diñeiro?

610
00:32:21,333 --> 00:32:24,166
Gañeino no casino. Tiven moitísima sorte.

611
00:32:24,166 --> 00:32:27,083
Henry deu o nome
do casino e o policía anotouno.

612
00:32:27,083 --> 00:32:28,333
Compróbeo. É certo.

613
00:32:28,333 --> 00:32:30,250
Non me importa.

614
00:32:30,250 --> 00:32:31,958
- Ai, non?
- En absoluto.

615
00:32:31,958 --> 00:32:33,583
De feito, creo o que di,

616
00:32:33,583 --> 00:32:36,541
pero non xustifica o que fixo para nada.

617
00:32:36,541 --> 00:32:38,958
Non fixen nada ilegal, non?

618
00:32:39,833 --> 00:32:40,750
Ilegal?

619
00:32:41,458 --> 00:32:42,583
Vostede é parvo!

620
00:32:43,333 --> 00:32:46,708
Se ten a sorte de gañar
tal cantidade de diñeiro

621
00:32:46,708 --> 00:32:49,750
e quere regalalo,
non pode guindalo pola ventá.

622
00:32:49,750 --> 00:32:54,125
Mándeo a onde sexa útil.
A un hospital ou un orfanato.

623
00:32:54,125 --> 00:32:59,375
Hai hospitais e orfanatos que non teñen
para mercar regalos de Nadal.

624
00:32:59,375 --> 00:33:01,208
Vén o babeco este,

625
00:33:01,208 --> 00:33:03,666
que non sabe o que é a necesidade,

626
00:33:03,666 --> 00:33:06,250
e guinda os cartos á rúa.

627
00:33:06,750 --> 00:33:09,666
Baixou as escaleiras
con estrondo e marchou.

628
00:33:09,666 --> 00:33:10,875
Henry non se moveu.

629
00:33:10,875 --> 00:33:13,416
As verbas do policía, e o seu enfado,

630
00:33:13,416 --> 00:33:14,750
doéronlle moito.

631
00:33:14,750 --> 00:33:16,083
Estaba avergoñado.

632
00:33:16,583 --> 00:33:17,708
Sentíase fatal.

633
00:33:23,916 --> 00:33:25,000
Logo, de súpeto,

634
00:33:25,000 --> 00:33:28,541
Henry notou unha forte sacudida
eléctrica por todo o corpo

635
00:33:28,541 --> 00:33:32,333
e ocorréuselle
unha magnífica idea que cambiaría todo.

636
00:33:32,333 --> 00:33:36,666
Comezou a pasear, pensando
nas cousas que farían posible a súa idea.

637
00:33:37,166 --> 00:33:39,333
Un. Vou gañar moitos cartos

638
00:33:39,333 --> 00:33:41,791
cada día da miña vida de aquí en diante.

639
00:33:42,500 --> 00:33:46,375
Dous. Só irei ao mesmo casino
unha vez cada seis meses.

640
00:33:46,375 --> 00:33:49,000
Tres. Non farei demasiados cartos nun día.

641
00:33:49,000 --> 00:33:51,291
50 000 libras por noite como máximo.

642
00:33:51,291 --> 00:33:55,166
Catro. 50 000 libras por noite,
por 365 días ao ano,

643
00:33:55,166 --> 00:33:57,916
son 18,25 millóns de libras.

644
00:33:57,916 --> 00:34:01,833
Cinco. Hai que moverse.
Tres noites como moito na mesma cidade.

645
00:34:01,833 --> 00:34:04,458
Londres, Montecarlo, Cannes,
Biarritz, Deauville,

646
00:34:04,458 --> 00:34:07,208
As Vegas, Cidade de México,
Bos Aires, Nassau.

647
00:34:07,208 --> 00:34:11,416
Seis. Collo os cartos e monto
hospitais e orfanatos en todo o mundo.

648
00:34:11,416 --> 00:34:13,791
Como soño, soa demasiado sentimental,

649
00:34:13,791 --> 00:34:16,083
pero na realidade pode funcionar.

650
00:34:16,083 --> 00:34:20,208
Non creo que sexa sentimental.
Sería formidable e marabilloso.

651
00:34:20,208 --> 00:34:23,875
Sete. Necesito
un socio que recolla o diñeiro

652
00:34:23,875 --> 00:34:25,541
e o mande a onde cumpra.

653
00:34:25,541 --> 00:34:28,583
Alguén en quen eu poida confiar cegamente.

654
00:34:29,083 --> 00:34:32,041
John Winston era
o contable de Henry, e de seu pai.

655
00:34:32,041 --> 00:34:34,750
O pai de John fora
contable do avó de Henry.

656
00:34:34,750 --> 00:34:36,625
Pode ser o máis rico do mundo.

657
00:34:38,833 --> 00:34:40,916
Non quero ser o máis rico do mundo.

658
00:34:43,750 --> 00:34:46,291
Non podo operar en Inglaterra polo fisco.

659
00:34:46,291 --> 00:34:48,500
Irei para Suíza, pero non mañá.

660
00:34:48,500 --> 00:34:51,125
Non estou solteiro, teño obrigas.

661
00:34:51,125 --> 00:34:54,000
Teño que falar coa familia
e informar os socios.

662
00:34:54,000 --> 00:34:58,916
Teño que vender a casa, buscar unha
en Suíza e sacar os nenos da escola.

663
00:34:58,916 --> 00:35:02,250
De alí a un ano,
Henry mandáralle 120 millóns de libras

664
00:35:02,250 --> 00:35:03,958
a John Winston en Lausanne.

665
00:35:03,958 --> 00:35:08,500
Os cartos enviábanse cinco veces
á semana á empresa suíza Winston Sugar.

666
00:35:08,500 --> 00:35:11,250
Só John e Henry
sabían de onde viña o diñeiro

667
00:35:11,250 --> 00:35:12,708
e a onde ía.

668
00:35:12,708 --> 00:35:17,125
O envío do luns era o máis grande,
ían cartos de venres, sábado e domingo,

669
00:35:17,125 --> 00:35:18,333
cos bancos pechados.

670
00:35:18,333 --> 00:35:22,875
Henry movíase moi rápido e cambiaba
a identidade varias veces por semana.

671
00:35:22,875 --> 00:35:28,000
Ás veces John só sabía onde estaba Henry
polo enderezo do banco que mandara cartos.

672
00:35:28,000 --> 00:35:29,250
Era tremendo.

673
00:35:49,541 --> 00:35:52,958
Henry morreu o ano pasado aos 63 anos,
de embolia pulmonar.

674
00:35:52,958 --> 00:35:56,250
El viuno vir, pero estaba moi tranquilo.

675
00:35:56,250 --> 00:35:58,833
Executara o plan durante máis de 20 anos.

676
00:35:58,833 --> 00:36:01,458
Fixera 644 millóns de libras.

677
00:36:01,458 --> 00:36:06,208
Fundara e puxera en funcionamento
21 hospitais infantís e orfanatos,

678
00:36:06,208 --> 00:36:09,833
dirixidos e financiados
por John Winston desde Lausanne.

679
00:36:10,458 --> 00:36:11,875
O traballo estaba feito.

680
00:36:16,125 --> 00:36:20,208
E como sei eu todo isto?
Boa pregunta. Cóntollelo.

681
00:36:20,208 --> 00:36:23,916
Ao pouco de morrer Henry,
John Winston chamoume desde Suíza.

682
00:36:23,916 --> 00:36:25,291
Presentouse

683
00:36:25,291 --> 00:36:31,000
como director de Winston Sugar S. L.
e pediume que fose velo a Lausanne

684
00:36:31,000 --> 00:36:34,000
coa idea de escribir
a historia da empresa.

685
00:36:34,708 --> 00:36:36,250
Non sei como me escolleu.

686
00:36:36,250 --> 00:36:39,166
Marcaríame ao chou
nunha lista de escritores.

687
00:36:39,166 --> 00:36:41,375
Dixo que me pagaría ben e engadiu:

688
00:36:41,375 --> 00:36:45,333
"Morreu un home extraordinario.
Chamábase Henry Sugar.

689
00:36:45,333 --> 00:36:48,708
A xente debía saber
o que fixo polo mundo."

690
00:36:49,208 --> 00:36:50,333
Na miña ignorancia,

691
00:36:50,333 --> 00:36:54,541
preguntei se a historia
merecía poñerse por escrito.

692
00:36:54,541 --> 00:36:58,041
Isto enfadou moito a John Winston,
igual ata se ofendeu.

693
00:36:58,625 --> 00:37:03,041
En cinco minutos, por teléfono, faloume
da carreira secreta de Henry Sugar.

694
00:37:03,041 --> 00:37:04,541
Xa non era secreta.

695
00:37:04,541 --> 00:37:07,750
Henry morrera
e non volvería pisar un casino.

696
00:37:08,250 --> 00:37:09,708
"Alá vou", dixen.

697
00:37:10,208 --> 00:37:14,333
En Lausanne, coñecín a John Winston,
que pasa dos 70, e a Max Engelman,

698
00:37:14,333 --> 00:37:17,291
{\an8}un famoso maquillador
que viaxaba con Henry

699
00:37:17,291 --> 00:37:20,166
{\an8}para disfrazalo
e ocultar a súa identidade.

700
00:37:20,166 --> 00:37:24,333
{\an8}Os dous quedaron desfeitos
pola morte de Henry. Max máis ca John.

701
00:37:24,333 --> 00:37:26,708
{\an8}Queríalle moito. Era magnífico.

702
00:37:26,708 --> 00:37:29,666
{\an8}John Winston mostroume
o caderno azul orixinal

703
00:37:29,666 --> 00:37:32,666
{\an8}escrito por Z. Z. Chatterjee
en Calcuta en 1935.

704
00:37:32,666 --> 00:37:34,833
{\an8}E eu copieino palabra por palabra.

705
00:37:34,833 --> 00:37:36,583
{\an8}"A última pregunta," dixen.

706
00:37:36,583 --> 00:37:40,083
{\an8}"Vostede chámalle Henry Sugar,
pero ese non era o seu nome.

707
00:37:40,083 --> 00:37:43,333
{\an8}Non quere que diga quen era
cando escriba a historia?"

708
00:37:43,333 --> 00:37:44,791
{\an8}- Non.
- ...dixo John.

709
00:37:44,791 --> 00:37:47,250
{\an8}Nós prometemos non revelar a identidade.

710
00:37:47,250 --> 00:37:49,750
{\an8}Xa se saberá, antes ou despois.

711
00:37:49,750 --> 00:37:52,125
{\an8}Era dunha coñecida familia inglesa,

712
00:37:52,125 --> 00:37:54,500
{\an8}pero prefiro que non tente descubrilo.

713
00:37:54,500 --> 00:37:56,916
{\an8}Por favor, chámelle só Sr. Henry Sugar.

714
00:37:58,833 --> 00:38:00,291
{\an8}E iso é o que fixen.

715
00:38:07,791 --> 00:38:09,833
<i>The Wonderful Story of Henry Sugar</i>

716
00:38:09,833 --> 00:38:13,541
foi escrita por Roald Dahl
na cabana da súa casa, Gipsy House,

717
00:38:13,541 --> 00:38:16,250
en Great Missenden,
no condado de Buckingham,

718
00:38:16,250 --> 00:38:18,333
entre febreiro e decembro de 1976.

719
00:39:34,958 --> 00:39:36,875
Subtítulos: Manuel Puga Moruxa



